Crece o paro e a contratación é practicamente toda temporal, o 90,82%

Fecha: 04 Nov 2020

Crece o paro e a contratación é practicamente toda temporal, o 90,82%

UGT esixe máis protección social, manter os ERTE e usar os fondos europeos para transformar o modelo produtivo e recuperar ás persoas

Santiago, 4 de novembro de 2020.- Ante os datos feitos públicos hoxe relativos ó paro do mes de outubro, UGT-Galicia esixe máis protección social, manter os ERTE e usar os fondos europeos para transformar o modelo produtivo e recuperar ás persoas.

Estes datos reflicten a necesidade de garantir a saúde en primeiro lugar, para permitir que a recuperación chegue coa menor incerteza posible evitando así os empregos temporais e as condicións abusivas. Se a crise sanitaria non se controla, a economía continuará véndose afectada de maneira negativa, polo que se deben poñer todos os esforzos posibles en que a sanidade sexa a prioridade absoluta para que os postos de traballo e o tecido empresarial poidan comezar a súa recuperación.

No contexto actual, o sistema de protección por desemprego debe soster a renda daquelas persoas que se viron máis afectadas pola pandemia. E, para a súa reincorporación ao mercado laboral, urxe poñer en marcha unhas políticas activas de emprego efectivas e suficientes e que os Servizos Públicos de Emprego conten con medios á súa disposición para que a recuperación sexa exitosa.

Ademais, neste sentido, UGT insta a aproveitar este momento de excepcionalidade para que o noso modelo produtivo se base nun crecemento sostible, respectuoso co medio ambiente e cun emprego baseado na calidade. Todos os plans de recuperación que se implementen, tanto a nivel de Galicia como do resto do Estado deben ir nesta liña de traballo.

En concreto, segundo as cifras facilitadas hoxe polo Ministerio de Traballo, en Galicia no mes de outubro o número de persoas en desemprego sitúase en 181.307, medra con respecto a setembro en 4.733, sube o 2,68% (1,31% no Estado).

En termos interanuais o desemprego aumenta en 17.000 persoas, o 10,35% máis en Galicia e 648.384 parados máis no Estado, o 20,4%. As cifras falan por si

mesmas, 181.307 desempregados en Galicia e 3.826.043 no Estado e mostran a magnitude dos efectos da crise sanitaria provocada pola COVID-19 no emprego e na economía en xeral.

O aumento en Galicia en termos interanuais, como se comproba no cadro de evolución seguinte, sitúase xa nos volumes de crecemento da crise do 2008.


 

Ano

Outubro

VAR. Mensual 

Var. Interanual

2007

146.371

3,8

-3,4

2008

168.423

7,4

15,1

2009

208.923

4,2

24,0

2010

223.894

3,6

7,2

2011

242.142

4,0

8,2

2012

267.812

3,3

10,6

2013

268.225

2,9

0,2

2014

244.044

2,5

-9,0

2015

222.092

2,9

-9,0

2016

198.940

2,4

-10,4

2017

185.903

1,0

-6,6

2018

169.744

2,1

-8,7

2019

164.307

4,7

-3,2

2020

181.307

2,7

10,3


 

 

 

Galicia

Estado

2020/ Outubro

181.307

3.826.043

Variación absoluta mes anterior

4.733

49.558

Variación relativa

2,68

1,31

Variación absoluta mismo mes del año anterior

17.000

648.384

Variación relativa

10,35

20,40


 

Son 9.908 os mozos e mozas menores de 25 anos desempregados, aumentando no mes o paro, de xeito máis acusado que no conxunto de idades, o 6,5%, e medrando nada menos que o 20,21% no ano, duplicando así o crecemento do conxunto de idades.

Por sexos, a evolución de incremento do desemprego no mes foi nos homes dun 3,61%, fronte ao menor incremento nas mulleres, 2% máis. No ano, os aumentos son realmente preocupantes, afectando neste caso tamén máis aos homes 11,67% de aumento de desemprego masculino e 9,39% do feminino.

Aínda que en termos estruturais as mulleres seguen a representar nada menos que o 57,5% do total de desemprego en Galicia, afecta a un total de 104.266 mulleres en Galicia, fronte a 77.041 homes.

 

Menores 25 anos

Homes

Mulleres

2020/Outubro

9.908

77.041

104.266

Variación absoluta mes anterior

600

2.684

2.049

Variación relativa

6,45

3,61

2,00

Variación absoluta mismo mes del año anterior

1.666

8.054

8.946

Variación relativa

20,21

11,67

9,39


 

No mes, ao analizar por sector de actividade, hai aumento do desemprego en todos os sectores, de forma máis acusada no primario, con 401 desempregados máis, o 6,39%, pero hai que destacar, pola súa maior dimensión en termos de emprego, o sector dos servizos, onde aumenta o 3,03% (3.698 desempregados máis). Así, desaparece no mes de outubro a compensación da temporada estival.

No ano, todos os sectores aparecen prexudicados, destacando o colectivo sen emprego anterior, co 15,7%, 2.199 desempregados máis, e o sector primario, con 14,92% máis. En termos absolutos o desemprego ten maior incidencia nos servizos, 12.351 desempregados máis, 10,84% máis nun ano. Xa só as cifras de desemprego nos servizos son preocupantes, 125.889, na industria nada menos que 19.048, no colectivo sen emprego anterior 16.241, na construción 13.457 e no primario 6.672.

 

Paro total

Agricultura / Gandería

Industria

Construción

Servizos

Sen emprego anterior

2020/Outubro

181.307

6.672

19.048

13.457

125.889

16.241

Variación absoluta mes anterior

4.733

401

155

116

3.698

363

Variación relativa

2,68

6,39

0,82

0,87

3,03

2,29

Variación absoluta mismo mes del año anterior

17.000

866

889

731

12.315

2.199

Variación relativa

10,35

14,92

4,90

5,74

10,84

15,66


 

En termos provinciais medra no mes e no ano en todas as provincias. Nas que máis no mes en termos relativos en Ourense e Lugo. No ano, fortes crecementos en todas, nas que máis, 13,8% na Coruña e 12,5% en Lugo, considerable tamén en Ourense, o 9,3%, e en Pontevedra, o 6,7%.

 

Outubro /2020

Var. Absoluta mes

Var. % mes

Var. Absoluta ano

Var. % ano

A Coruña

73.715

1.598

2,2

8.921

13,8

Lugo

18.059

640

3,7

2.013

12,5

Ourense

20.468

759

3,9

1.738

9,3

Pontevedra

69.065

1.736

2,6

4.328

6,7


 

En canto á contratación, cos datos de outubro compróbase que tan só se realizaron 73.100 contratos, iso si, contraéndose con contundencia con respecto ao mesmo mes anterior, -12.1% (a temporada estival impulsou algo a contratación) pero lonxe dos niveis de contratación do mes de outubro de 2019, un terzo menos de contratación.


 

 

Total contratos

2020/Outubro

73.100

Variación absoluta mes anterior

-10.062

Variación relativa

-12,10

Variación absoluta mismo mes del año anterior

-32.940

Variación relativa

-31,06


 

A taxa de cobertura por desemprego en setembro (último dato dispoñible) sitúase no en 70,5% (71.9% no Estado).

As persoas beneficiarias de prestacións de desemprego son 113.354. Destas hai un considerable número de persoas beneficiarias de prestación contributiva.


 

 

Prestación contributiva

subsidio

renda activa de inserción

Totais

GALICIA

64.603

42.580

6.171

113.354


 

A afiliación á Seguridade Social (media mensual) sitúase en Galicia no mes en 1.012.018. Mantense no mes practicamente, tan só hai 219 máis, pero no ano perde 15.432 afiliacións/cotizacións, o 1,5% de caída. No Estado a afiliación (media mensual) é de 18.990.364, medra o 0,6% pero no ano contracción de case 440.000 afiliacións/cotizacións, o 2,3% menos.


 

 

Galicia

Estado

2020/Outubro

1.012.018

18.990.364

Variación absoluta mes anterior

219

113.974

Variación relativa

0,02

0,60%

Variación absoluta mismo mes del año anterior

-15.432

-439.628

Variación relativa

-1,50

-2,26%


 


 

En canto ós ERTE, destacar que en Galicia houbo no mes de outubro (media mensual) 19.792 traballadores en ERTE, deles 16.233 de forza maior e 3.559 de “non forza maior” .


 


 


 


 


 


 


 


 

GALICIA

Outubro 2020

VARIACIÓN SOBRE

Mes anterior

Mesmo mes ano anterior

%

%

DESEMPREGO

Nº persoas paradas

181.307

4.733

2,68

17.000

10,3

* homes

77.041

2.684

3,61

8.054

11,7

* mulleres

104.266

2.049

2,00

8.946

9,4

* mozos e mozas < 25 anos

9.908

600

6,4

1.666

20,2

Por sectores*

 

 

 

 

 

* agricultura

6.672

401

6,4

866

14,9

* industria

19.048

155

0,8

889

4,9

* construción

13.457

116

0,9

731

5,7

* servizos

125.889

3.698

3,0

12.315

10,8

* sen emprego anterior

16.241

363

2,3

2.199

15,7

Persoas beneficiarias prestación por desemprego (setembro)

113.354

 

Taxa de cobertura prestación por desemprego (setembro)

70,54

Por provincias

 

 

 

 

 

A Coruña

73.715

1.598,0

2,2

8.921,0

13,8

Lugo

18.059

640,0

3,7

2.013,0

12,5

Ourense

20.468

759,0

3,9

1.738,0

9,3

Pontevedra

69.065

1.736,0

2,6

4.328,0

6,7

CONTRATACIÓN

 

 

 

 

 

Nº contratos

73.100

-10.062

-12,1

-32.940

-31,1

* indefinidos (inclúe transformación de contratos en indefinidos)

6.707

-156

-2,3

-3.391

-33,6

* temporais

66.393

-9.906

-13,0

-29.549

-30,8

AFILIACÍON Á SEGURIDADE SOCIAL

 

 

 

 

Nº persoas afiliadas/cotizantes (datos provisionais)

1.012.018

219

0,0

-15.432

-1,5

Fonte: Gabinete Económico Comisión Executiva UGT Galicia, a partir dos datos do Ministerio de Trabajo y Economía Social e do Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones


 

 


 

Fuente: UGT-Galicia