Asina e di "Non á austeridade 2.0"

A CES, da que UGT forma parte, está a desenvolver unha campaña de recollida de firmas en toda Europa para dicir "Non á austeridade 2.0". Para asinar e participar nesta campaña, preme na ligazón https://action-europe.org/es/parar-la-austeridad-ES

Fecha: 01 Feb 2024

austeridadecampaña

Asina e di "Non á austeridade 2.0"

A Confederación Europea de Sindicatos (CES), da que UGT forma parte, ven de abrir unha campaña de recollida de firmas en toda Europa para "Dicir Non á austeridade 2.0". O obxecto da campaña é chamar a atención e mobilizar á cidadanía contra a austeridade que se vai implantar en Europa coa recente reforma das regras fiscais europeas que constitúe un decepcionante cambio de rumbo das políticas expansivas e solidarias que con éxito viña desenvolvendo a UE nos últimos anos. 

Esta austeridade en nada beneficiará á clase traballadora europea, polo que dende UGT reclamamos un modelo económico e social cuxa prioridade sexan as persoas. 

As firmas conseguidas serán presentadas á Comisión Europea e aos gobernos nacionais dos Estados membro e con elas vaise esixir non volver á austeridade, invertir en traballos mellor pagados e sostibles e unha economía máis xusta para todos e todas.

Podes asinar accedendo a esta ligazón https://action-europe.org/es/parar-la-austeridad-ES

Fuente: UGT-Galicia