17 MAIO DE 2016, DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O galego perténcelle a toda a sociedade; é de todas e todosnós, un tesouro colectivo que debe ficar alleo de calquera tipo deconfrontación. Están aínda relativamente recentes episodios vergoñentos en quea lingua galega foi utilizada co obxectivo de obter réditos políticos. Cadrandocoas eleccións autonómicas do ano 2009, viviuse unha situación de crispacióncomo non se recordaba, chegándose incluso a cuestionar o papel da lingua galegano ensino.

Daquela tempestade vivimos aínda hoxe as consecuencias porculpa o mal chamado Decreto do plurilingüismo, que rebaixou a presenza dogalego no ensino, e por culpa tamén da nova lei educativa, a LOMCE, quedegradou as linguas cooficiais distintas do castelán.

Ano electoral

Neste ano que será dobremente electoral esiximos que osfuturos gobernos estatal e galego derroguen estas dúas normas e, no casoconcreto de Galicia, se recuperen os consensos sobre unha cuestión tanimportante. O Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado porunanimidade do Parlamento de Galicia no 2004, ha ser o principioreitor da recuperación dun consenso que xamais se debeu deixar de lado porculpa de intereses espurios. Coa ollada posta nas eleccións galegas do vindeirooutono, esiximos que a lingua sexa un elemento de consenso ou, polo menos, quefique fóra da liorta partidista.

O homenaxeado, Manuel María

Por último, CCOO e UGT alentamos a cidadanía galega a tomarparte nesta permanente e esencial tarefa para lograr a plena normalizaciónlingüística. Instamos, tamén, a todas as traballadoras e traballadores galegosa que se sumen a este compromiso e a que celebren con entusiasmo o Día dasLetras Galegas, dedicado este ano ao polifacético escritor Manuel María.

 

Galicia somos nós,

a xente e máis a fala.

Se buscas a Galicia,

en ti tés que atopala.

Sirvan as palabras do homenaxeado como colofón, pero taméncomo reiteración, do que expresamos na presente declaración.