As galegas cobran un 23,4 por cento menos que os homes, máis de 5.000 euros menos ao ano

No encontro cos medios de comunicación Mónica Rodríguez fixo unhaanálise minuciosa de varias estatísticas que inciden nesta lacra domercado laboral que, ano tras ano, se ven denunciando dendeUGT-Galicia pero que continúa e, nalgúns eidos, agudízase.

Leer mas…

En Galicia, no mes de decembro, sube o paro e baixa a afiliación á SS

Remata o mes de decembro de 2015 con 228.808 desempregados en Galicia, medrando o 1,62% con respecto ao mes anterior, 3.650 desempregados máis. Evolución contraria  ao sucedido no Estado, no que cae o desemprego o -1.34% No Estado a cifra de desempregados sitúase en 4.093.508 persoas.

En Galicia a variación interanual foi de baixada do desemprego do 9,2%, 23.110 desempregados menos; no Estado a baixada foi do 7,96%.

Leer mas…

Centos de persoas din “Non á violencia de xénero” nas concentracións convocadas por UGT e CCOO en varias cidades e vilas galegas

Centos de persoas, convocadas por UGT e CCOO, dixeron hoxe “Non á violencia de xénero” nas concentracións que tiveron lugar ás 12.00 horas en A Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo para conmemorar a data do 25 de novembro, Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres e amosar a solidariedade coas vítimas.

Leer mas…

UGT-Galicia chama á participación nas concentracións convocadas para conmemorar o 25 de novembro, Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres

UGT-Galicia fai un chamamento á cidadanía a participar nas concentracións convocadas en varias cidades e vilas galegas (A Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo) para conmemorar a data do 25 de novembro, Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres, e como mostra de solidariedade coas vítimas.

Leer mas…

Os orzamentos da Xunta para o 2016 esquécense da reactivación económica, a xeración de emprego, da diversificación do tecido produtivo, do reforzamento dos servizos públicos e a mellora da protección social

UGT-Galicia e o S.N. de CCOO de Galicia ofreceron hoxe en Santiago unha rolda de prensa na que analizaron os orzamentos da Xunta para o ano 2016. Orzamentos que foron cualificados como pouco cribles, electoralistas e que non teñen en conta a realidade galega.

Leer mas…

A Reforma laboral incrementa a taxa de paro da mocidade galega en catro puntos, sitúa a temporalidade en case o 50 por cento e eleva a parcialidade ao 21 por cento

A secretaria de Igualdade, Xuventude e Movementos Sociais de UGT-Galicia, Mónica Rodríguez, e o secretario de Política Sindical, Relacións Laborais e Formación do Sindicato, José Domingo Barros, presentaron hoxe en Santiago o informe “A precariedade laboral da xuventude en Galicia”. Esta análise contextualízase na grave situación económica que se está a vivir

Leer mas…

Páginas