Urxe a posta en marcha de axudas a microempresas, hostalería e autónomos

Fecha: 28 Ene 2021

Hosteleria Covid

O Sindicato considera necesario o establecemento dunha “xanela única”, a Xunta de Galicia

Desde UGT-Galicia asistimos con preocupación a unha crecente avalancha desde distintas administracións de anuncios de axudas para a pervivencia das microempresas ou de sectores como a hostalería, os autónomos ou o comercio minorista que están sufrindo fortes perdas por mor das medidas para controlar a pandemia.

A este respecto, o Sindicato cre imprescindible e urxente a posta en marcha real e efectiva de estas axudas para dar cobertura as microempresas ou aos autónomos. Xa non é tempo de anuncios de futuras axudas, porque a situación de estes colectivos é crítica. As axudas ou chegan agora, ou serán inútiles porque non haberá a quen axudar.

UGT-Galicia considera tamén que deben incorporarse a estas axudas outros colectivos como empresas comprendidas no tramo entre 11 e 25 empregados ou os que teñen entre 26 e 50. Pequenas e medianas empresas que están a pasar grandes dificultades tamén, especialmente as primeiras.

UGT considera imprescindible que as axudas se dean de forma áxil e eficiente, para o que é necesario un acordo conxunto de todas as administracións para axilizar e simplificar a solicitude e pago de axudas. Non é operativo que un mesmo solicitante teña que presentar similares documentos para tramitar axudas polo mesmo no seu Concello, nas Diputacións, na Xunta o na administración Central. As administracións deben poñerse de acordo para establecer unha “xanela única” para a tramitación destas axudas, función que ten que desenvolver a Xunta de Galicia.

Este é o tempo de remar todos xuntos, de poñerse de acordo e actuar de xeito coordinado e para resolver a grave situación de todos estes colectivos que están pasando grandes dificultades. Non é tempo de facer anuncios de rescates e afogar a quen se pretende axudar con tramites farragosos e repetitivos en cada administración.

Fuente: UGT-Galicia