UGT reanuda o servizo de información e asesoramento sociolaboral para inmigrantes no seu centro de Ourense

UGT-Galicia vén de reanudar o servizo do Centro de información e asesoramento sociolaboral para inmigrantes (CIASI) en Ourense cuxas accións teñen como principal destinatario o colectivo de inmigrantes regulares de orixe non comunitario e que presenten un alto grado de vulnerabilidade, así como, inmigrantes que estean nunha situación de desemprego ou que desempeñen tarefas laborais en condicións precarias. Ademais, os traballos de información e asesoramento tamén van dirixidos a inmigrantes que desexen mellorar o seu nivel de empregabilidade.

O obxectivo final é acadar para os usuario do centro itinerarios de inserción laboral individualizados e, para elo, realízanse tarefas de orientación sociolaboral; aténdense consultas en materia de estranxeiría; dáse axuda para a homologación de titulacións; dáse información sobre os trámites a seguir para acceder á nacionalidade española; tamén se achegan actividades de alfabetización dixital, así como, cursos dirixidos a lograr capacitacións profesionais que lles permitan aumentar as súas opcións de empregabilidade, así como outras consultas que os usuarios desexen realizar.

Neste contexto, dende o Centro infórmase que se continúa impartindo o curso de preparación para o exame de coñecementos constitucionais e socioculturais de España, requisito necesario para a obtención da nacionalidade española.

O Centro está emprazado na sede de UGT-Ourense-Valdeorras-Verín, en Parque de San Lázaro, número 12, planta baixa (Ourense) e o seu horario de atención ao público é de luns a venres, de 9 a 12 horas, e de luns a xoves, de 17 a 19.30 horas.

Este servizo, que desenvolve UGT-Galicia, atópase subvencionado pola Dirección Xeral de Integración e Atención Humanitaria, dependente do Ministerio de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social, e é cofinanciado polo Fondo Social Europeo.