UGT-Galicia esixe políticas de emprego que atendan as desigualdades e sitúen en primeiro lugar ás persoas

Fecha: 06 Nov 2019

Os datos da EPA do primeiro trimestre, feitos públicos hoxe, revelan, unha vez máis, as perniciosas consecuencias que sobre as persoas, sobre o emprego e sobre a economía está provocando a reforma laboral. Persiste a precariedade e a desigualdade nun mercado laboral aínda fráxil.

Así, as estatísticas indican que no primeiro trimestre de 2019, con respecto ao trimestre anterior, hai unha caída da ocupación en Galicia do 0,7%, 7.900 persoas empregadas menos. No resto do Estado a caída foi máis leve, do 0,48%. En relación ao mesmo trimestre do ano anterior, a ocupación medra en ambos contextos, no 2,87% en Galicia e no 3,16% no Estado. De novo, Galicia presenta indicadores máis negativos. 

O PARO E A OCUPACIÓN TEÑEN MELLORES COMPORTAMENTOS NO ESTADO QUE EN GALICIA

O paro medra no trimestre en 5.000 persoas, un 3,4% en Galicia. No Estado, de novo, este incremento é menos acusado, do 1,51%. No ano o desemprego cae en ambos contextos, nun 17,5% en Galicia (32.600 persoas) e nun 11,64% no resto do Estado. Así, hai 153.900 persoas desempregadas en Galicia, segundo a EPA, e 3.354.200 no resto do Estado.

MENOR DINAMISMO DO MERCADO LABORAL GALEGO

A taxa de paro queda no 12,47% en Galicia e no 14,7% no resto do Estado. Isto prodúcese, basicamente, polo menor dinamismo do mercado laboral galego, non pola súa capacidade de crear emprego. Este está inmerso nun profundo cambio estrutural pola caída poboacional e, especialmente, da poboación activa. De feito, cae a poboación activa tanto no trimestre como no ano, ao contrario que no resto do Estado onde, polo menos, en termos interanuais, amosa un repunte do 0,68%. En Galicia, constátase a diminución da poboación de 16 ou máis anos. 900 menos no ano e 2.400 persoas activas menos. É evidente que Galicia ten un grave problema demográfico.

Para UGT-Galicia, segue a ser moi preocupante o paro de longa duración. Hai 67.200 persoas que levan máis dun ano na procura de emprego e, destes, 49.600 levan máis de dous anos.

A evolución das cifras de paro e ocupación son as propias do fin da temporadade nadal e ao caer a Semana Santa fóra do trimestre non se conseguiu o efecto compensación. Resulta evidente a estacionalidade do mercado laboral.

As familias seguen sufrindo as consecuencias dun mercado laboral aínda feble. Son 55.000 as vivendas nas que todos os activos están no paro en Galicia e 26.200 nas que non hai perceptores de ingresos. 

Por sectores, no trimestre no único que hai un aumento é no industrial, con 1.900 ocupados máis, un 1,1% de incremento. Pola contra, rexístrase contracción na construción, do 2,8%; nos servizos, do 0,4%, pero coa maior caída en termos absolutos, 3.400 menos; e no primario, cunha caída do 6,3%.

En relación a hai un ano, a ocupación medra un 4,7% nos servizos; un 1,1% na industria. Cae no primario un 8,8% e no 1,1% na construción.

32 MOZOS E MOZAS DE CADA CEN DA POBOACIÓN ACTIVA MENOR DE 25 ANOS EN GALICIA ESTÁ NO DESEMPREGO

Por sexos, a desigualdade perdura no mercado laboral. Mentres os homes sofren nesta Comunidade unha taxa de paro do 12,15%, no caso das mulleres esta é do 12,82%, sete décimas de diferenza. Entre os menores de 25 anos a taxa de desemprego é do 31,5%, case 32 mozos e mozas de cada cen da poboación activa menor de 25 anos en Galicia está no desemprego.

Hai en Galicia 865.100 persoas asalariadas, caendo no trimestre nun 0,9%. En relación ao mesmo trimestre do ano anterior, medra nun 4,1%.

A TAXA DE TEMPORALIDADE DAS MULLERES GALEGAS É 2,6 PUNTOS SUPERIOR Á DOS HOMES

A taxa de temporalidade volve a valores elevadísimos, do 25,8% no último trimestre, chegando nas mulleres ao 27,2%.

DOS 223.600 ASALARIADOS QUE HAI EN GALICIA TEMPORAIS, 1.900 TEÑEN CONTRATOS DE TAN SÓ UN DÍA E 9.500 DURAN MENOS DUN MES

Dos 223.600 asalariados que hai en Galicia con contrato temporal, hai 1.900 con contratos de tan só un día e 9.500 con contratos que duran menos dun mes. 

A PARCIALIDADE INVOLUNTARIA É EN GALICIA CASE CATRO PUNTOS SUPERIOR Á MEDIA DO ESTADO

A parcialidade involuntaria chega en Galicia ao 55,8%, bastante máis elevada que no resto do Estado, onde é dun 52%. Case catro punto máis. Así, do total de ocupados o 14,8% o son a tempo parcial, 159.800 persoas, das cales 89.200 teñen un contrato a tempo parcial por non poder atopar un traballo a tempo completo. Un lastre máis da reforma laboral imposta polo Goberno do PP.

Por todo isto, UGT esixe a derrogación desta reforma laboral, xunto a medidas adicionais para loitar contra a precariedade e adesigualdade. Resulta imprescindible que o novo Goberno que se configure a partir dos resultados electorais do 28 de abril aposte polos factores que permitan crecer de forma sostible e oriente as políticas económicas, sociais e de emprego cara a redución das desigualdades e a pobreza, logrando emprego de calidade con salarios dignos.

E o Sindicato insta á Xunta a que tome nota do menor ritmo anual de crecemento de emprego que se rexistra en Galicia con respecto ao resto do Estado, ao menor dinamismo do mercado laboral desta Comunidade, así como, a taxas de parcialidade involuntaria na contratación máis elevadas. A Xunta ten competencias suficientes en materia de emprego para tratar de corrixir estas eivas e evitar que Galicia ofreza mes tras mes indicadores do mercado laboral dun xeito máis negativo que o resto do Estado.


 

NOTA: O VOCEIRO DESTE TEMA É JOSÉ CARLOS RODRÍGUEZ DEL RÍO, SECRETARIO DE POLÍTICA INSTITUCIONAL DE UGT-GALICIA. TELÉFONO: 658774009.


 


 


 

 

2019/I trimestre
miles

Variación

 

trimestre anterior

mesmo trimestre ano anterior

 

%

%

Poboación de 16 e máis anos

2.333,9

-0,4

0,0

-0,9

0,0

Inactivos

1.099,7

2,4

0,2

1,6

0,1

Homes

478,3

3,0

0,6

0,9

0,2

Mulleres

621,4

-0,6

-0,1

0,6

0,1

Activos

1.234,2

-2,8

-0,2

-2,4

-0,2

Homes

637,7

-3,3

-0,5

-1,6

-0,3

Mulleres

596,5

0,5

0,1

-0,8

-0,1

Ocupados

1.080,2

-7,9

-0,7

30,1

2,9

Homes

560,2

-8,1

-1,4

12,0

2,2

Mulleres

520,0

0,2

0,0

18,1

3,6

Taxa parcialidade

14,8

0,9

 

1,1

 

%Parcialidade involuntaria

55,8

-1,6

 

-1,2

 

Asalariados

865,1

-8,2

-0,9

33,7

4,1

Con contrato indefinido

641,5

-5,0

-0,8

31,8

5,2

Homes

326,8

-4,9

-1,5

11,9

3,8

Mulleres

314,7

-0,1

0,0

19,9

6,8

Con contrato temporal

223,6

-3,2

-1,4

1,9

0,9

Homes

106,2

-2,1

-1,9

0,4

0,4

Mulleres

117,4

-1,1

-0,9

1,5

1,3

Parados

153,9

5,0

3,4

-32,6

-17,5

Homes

77,5

4,8

6,6

-13,6

-14,9

Mulleres

76,5

0,3

0,4

-18,9

-19,8

Menores 25 anos

15,8

-0,5

-3,1

-4,8

-23,3

Nº ocupados por sectores

 

 

 

 

 

Agricultura

63,6

-4,3

-6,3

-6,1

-8,8

Industria

171,6

1,9

1,1

1,8

1,1

Construción

65,1

-1,9

-2,8

-0,7

-1,1

Servizos

780,0

-3,4

-0,4

35,3

4,7

Fogares

 

 

 

 

 

Vivendas sen perceptores de ingresos

26,2

-0,80

-3,0

-8,10

-23,6

Vivendas familiares con polo menos un activo e nas que todos os activos son parados

55,0

0,80

1,5

-13,90

-20,2

 

 

 

 

 

 

%

2019/I

2018/IV

2018/I

 

 

Taxa actividade

52,9

53,0

53,0

 

 

Homes

57,1

57,4

57,2

 

 

Mulleres

49,0

48,9

49,0

 

 

Taxa ocupación

46,3

46,6

45,0

 

 

Homes

50,2

50,9

49,1

 

 

Mulleres

42,7

42,7

41,2

 

 

Taxa desemprego

12,5

12,0

15,1

 

 

Homes

12,2

11,3

14,2

 

 

Mulleres

12,8

12,8

16,0

 

 

Menores de 25 anos

31,5

29,6

36,5

 

 

Taxa temporalidade

25,8

26,0

26,7

 

 

Homes

24,5

24,6

25,1

 

 

Mulleres

27,2

27,3

28,2

 

 

 

 


 


 

 

Fuente: UGT-Galicia
EPA