UGT-FICA vixiante ante o xeito de actuar das ETT`s cos traballadores da industria

Fecha: 23 Mar 2020

UGT-FICA está vixiante ante o xeito de actuar das ETT`s cos traballadores do sector industrial

O Sindicato alerta que estes traballadores, se se lles suspende o contrato, quedan totalmente desprotexidos


 

Santiago, 24 de marzo de 2020.- UGT-FICA está alerta polas prácticas que poderían acometer as ETT`s cos traballadores do sector industrial, a raíz dos ERTE`s que se están aplicando en moitas empresas, como consecuencia da situación de alerta polo COVID-19.

O Sindicato témese que o xeito de actuar vai ser, na maior parte dos casos, a suspensión dos contratos destes traballadores, aplicando cláusulas abusivas, e que levarán aos afectados a quedar sen emprego, sen salario e sen dereito a percibir o desemprego, é dicir, sen cobertura de ningún tipo porque non estarán en ningún dos ERTE`s que se presenten.

UGT-FICA denuncia que este xa é un colectivo moi castigado sen situacións excepcionais como a actual, en materia de salarios, vacacións, xornada, permisos e outras condicións laborais.

UGT-FICA insiste en que vai estar vixiante ante o que suceda nos vindeiros días e denunciará todas aquelas prácticas que neste senso considere abusivas.

Ante unha situación de crise, de novo, os máis desfavorecidos son os máis desprotexidos, cando deberían ter os mesmos dereitos.

Fuente: UGT-Galicia