Os vixiantes de seguridade da Fábrica de Armas chegan a Santiago despois de percorrer a pé o Camiño inglés dende A Coruña para denunciar a súa situación laboral

 Hoxe, ás 12.00 horas, chegaron á Praza do Obradoiro (Santiago) os vixiantes da Fábrica de Armas de A Coruña que o pasado luns, día 25, saíron a primeira hora da mañá da cidade herculina para recorrer o Camiño inglés ata Santiago. O fin desta marcha é demandar un solución á súa situación laboral actual.

Leer mas…

UGT organiza nas súas comarcas asembleas para analizar as negociacións dun novo AENC

​UGT-Galicia organizou ao longo desta semana en varias comarcas asembleas informativas nas que o secretario xeral de UGT-Galicia, José Antonio Gómez, xunto coas respectivas secretarias xerais ou secretarios xerais das comarcas, informaron aos delegados de cada un dos territorios sobre como avanzan o sobre o contido das negociacións dun novo AENC.

Leer mas…

A creación de emprego segue marcada pola precariedade con 96.189 contratos no mes que tan só desembocan en 8.675 afiliados máis á Seguridade Social

Se ben é certo que medra o emprego, tamén o é que este ten un carácter estacional, temporal e precario. Así, os datos referidos ao desemprego feitos públicos hoxe evidencian o signo estacional de maio, ás portas da temporada estival

Leer mas…

A remuneración dos asalariados en Galicia en mínimos históricos, representa o 42,7%, fronte ao 47,3% das rendas empresariais

Os datos publicados hoxe referidos á contabilidade trimestral poñen de manifesto, como dende UGT-Galicia xa se denunciou en reiteradas ocasións, que o crecemento económico non se está a trasladar aos salarios. É dicir, o conxunto das familias deste país non están a participar da recuperación.

Leer mas…

Páginas