Para UGT-Galicia, as melloras do emprego baseadas na precariedade non son melloras

Fecha: 03 Mar 2020

Ás portas do 8M, o Sindicato denuncia que, do total do desemprego, o 57% é feminino

Para UGT-Galicia, as melloras do emprego baseadas na precariedade non son melloras

Urxe reverter a reforma laboral, unha política económica expansiva e reformar as políticas activas de emprego

Santiago, 3 de marzo de 2020.- Os datos do desemprego feitos públicos hoxe, aínda que reflicten unha baixada do paro tanto a nivel estatal como en Galicia, evidencian que as melloras do emprego baseadas na precariedade non son melloras porque persiste a rotación na contratación, a temporalidade e o paro de longa duración.

Os datos feitos públicos hoxe indican que o descenso do paro no mes en Galicia é de 1.526 persoas, unha contracción do 0,9%. Sen embargo, UGT-Galicia advirte que, en relación a hai un ano, a baixada foi do 4,31%, o que evidencia unha ralentización na contracción do desemprego en termos anuais, a máis baixa dende o ano 2014.

Por sexos, de novo, rexístrase unha mellor evolución do desemprego no caso masculino, cun descenso do 1,31%, fronte ao 0,61% no caso das mulleres. Hai 71.438 homes en situación de desemprego en Galicia e 94.791 mulleres. Do total do desemprego, o 57% é feminino. As melloras do mercado laboral trasládanse de xeito máis directo aos homes.

Entre os máis mozos, menores de 25 anos, o desemprego, contrariamente ao que sucede no resto da poboación, aumentou nun 0,2%.

Por sectores, rexístrase unha contracción en todos, salvo no colectivo de sen emprego anterior, onde o paro medra nun 0,75%. A baixada do desemprego foi do 2,14% no sector primario, do 1,68% na construción, do 1,03% no sector servizos e do 0,36% na industria. No ano tamén dáse unha caída en todos os sectores de actividade.

Por provincias, no mes cae o paro en todas, con porcentaxes próximas ao 1% na Coruña, Lugo e Pontevedra e no 0,57% en Lugo.

O número de contratos rexistrados no mes de febreiro foi de 72.432, dándose unha significativa contracción tanto na contratación indefinida como na temporal, do 10,6% e do 16,2%, respectivamente. Unha vez máis reflíctese a estacionalidade que empaña o


 

mercado laboral galego. Febreiro resulta ser un mes de transición entre o Nadal e o comezo das contratacións dos meses de marzo e abril, coincidentes coa Semana Santa.

UGT-Galicia denuncia a precariedade que asolaga ao mercado laboral galego no que a contratación indefinida é de tan só o 10,57%.

Precariedade que se traslada tamén ao desemprego con tan só 99.177 persoas beneficiarias de prestación por desemprego en xaneiro de 2020, cunha taxa de cobertura do 64,2%, fronte ao 66,1% estatal. Ademais, trátase dunha cobertura maioritariamente asistencial. Do total, tan só 48.432 persoas perciben unha prestación contributiva, o 48,8% do total.

En canto ás afiliacións á Seguridade Social, en febreiro estas foron de 1.012.354 persoas, aumentando nun 0,58% en relación ao mes anterior e nun 1,51% en relación a hai un ano.

Por todo isto, UGT-Galicia considera que reducir o paro debe ser o principal obxectivo de toda a sociedade, o que require dunha política económica expansiva e unha reforma das políticas activas de emprego para que cumpran con máis efectividade co seu fin. Tamén sería moi positiva a pronta aprobación duns Orzamentos Xerais do Estado que servisen a estes propósitos.

O Sindicato advirte que, ademais de pola creación de emprego, hai que traballar pola mellora da súa calidade porque unha parte moi significativa do que se crea e do existente se caracteriza pola súa baixa calidade e precariedade. E gran parte da situación actual está asociada á reforma laboral que aprobou o Goberno do PP no ano 2012 e que desequilibrou o sistema de relacións laborais a favor das empresas, facendo fácil o camiño do emprego inestable. Por elo, UGT participa neste momento na mesa de diálogo social encargada de reverter esta reforma.


 

NOTA: O VOCEIRO DESTE TEMA É JOSÉ LUÍS FERNÁNDEZ CELIS, SECRETARIO DE ORGANIZACIÓN E ADMINISTRACIÓN DE UGT-GALICIA. TELÉFONO: 638033482.


 

GALICIA

Febreiro 2020

VARIACIÓN SOBRE

Mes anterior

Mesmo mes ano anterior

%

%

DESEMPREGO

Nº persoas paradas

166.229

-1.526

-0,91

-7.480

-4,3

* homes

71.438

-949

-1,31

-3.015

-4,0

* mulleres

94.791

-577

-0,61

-4.465

-4,5

* mozos e mozas < 25 anos

7.848

14

0,2

-717

-8,4

Por sectores*

 

 

 

 

 

* agricultura

6.029

-132

-2,1

-449

-6,9

* industria

18.297

-66

-0,4

-1.195

-6,1

* construción

13.613

-233

-1,7

-905

-6,2

* servizos

114.987

-1.194

-1,0

-3.958

-3,3

* sen emprego anterior

13.303

99

0,7

-973

-6,8

Persoas beneficiarias prestación por desemprego (xaneiro)

94.323

 

Taxa de cobertura prestación por desemprego (xaneiro)

62,08

Persoas paradas totais sen ningún tipo de prestación (xaneiro)

70.985

CONTRATACIÓN

 

 

 

 

 

Nº contratos

72.432

-13.424

-15,6

3.612

5,2

* indefinidos (inclúe transformación de contratos en indefinidos)

7.656

-905

-10,6

800

11,7

* temporais

64.776

-12.519

-16,2

2.812

4,5

AFILIACÍON Á SEGURIDADE SOCIAL

 

 

 

 

Nº persoas afiliadas/cotizantes (datos provisionais)

1.012.354

5.848

0,6

15.043

1,5

Fonte: Gabinete Económico Comisión Executiva UGT Galicia, a partir dos datos do Ministerio de Traballo e Economía Social.

 


 


 

Fuente: UGT-Galicia