O emprego precario domina o mercado de traballo

Fecha: 02 Ago 2018

Osdatos de paro correspondentes ao mes de xullo, publicados hoxe poloServizo Público de Emprego Estatal, amosan un descenso do desempregode 6.653 persoas no mes (3,91%), o que sitúa a cifra total deparados en 163.412. Interanualmente, o paro baixa un 10,1%, 18.459persoas desempregadas menos.

Senembargo, e a pesar destas cifras, UGT-Galicia amosa a súapreocupación porque as estatísticas feitas públicas hoxe deixan aodescuberto as deficiencias estruturais do modelo produtivo e afraxilidade do mercado laboral galego.

Aprecarización do emprego é evidente baixo o predominio dacontratación temporal que configura unha tendencia estrutural domercado de traballo. Fanse 118.568 contratos no mes pero tan sómedra a afiliación á Seguridade Social en 15.046 e, por outrabanda, a porcentaxe de contratación indefinida sobre o total é detan só o 6,8%. No mes medra a contratación un 14,4%. A temporalfaino nun 16% pero cae a indefinida nun 2,8%.

ParaUGT-Galicia urxe derrogar as reformas laborais impostas dende 2010,en especial a de 2012, que non só fracasaron no obxectivo demellorar a calidade do emprego senón que, ademais, van precarizandomes a mes o mercado de traballo e deteriorando os ingresos daSeguridade Social.

Fórada protección por desemprego case 90.000 persoas en Galicia

Taménresulta imprescindible reforzar as prestacións por desemprego. Ataxa de cobertura é do 51,7%, fronte ao 57,5% do resto do Estado.Quedan fóra da protección 89.940 persoas, tendo en conta tanto aosque teñen dereito a cobertura como aos que non. E, ademais, tan sóhai 34.577 persoas beneficiarias de prestacións de caráctercontributivo, o 43,2% do total, o que apunta á precariedade nacobertura por desemprego. Para UGT-Galicia, hai que aumentar o graode protección, emprendendo a derrogación dos cambios normativosimplantados polo Goberno do PP no sistema de prestacións pordesemprego, contributivas e asistenciais, en canto ás condicións ecriterios de acceso, tempo de duración e contías, entre outrosaspectos.

Nestecontexto tamén hai que potenciar as políticas activas de empregodende o público, xa que estas non poden orientarse en exclusiva asubvencionar ao sector privado. Encanto á dotación orzamentaria para as políticas activas de empregoda Xunta, esta diminuíu en 133 millóns de euros dende o ano 2008,en máis da terceira parte, nun 35%.

Así,para a función “Promoción do emprego e institucións do mercadode traballo” no 2008 orzamentábanse 379 millóns de euros nestaComunidade. Baixando unha década despois a 246 millóns. Mentres queo Orzamento total da Xunta cae nunha década nun 7,2%, as partidasadicadas á Promoción do emprego e fan nun 35%.

UGTtamén reclama que se dote ao Plan director polo emprego digno dosrecursos económicos e humanos suficientes para combater a fraude nacontratación e vixiar a causalidade da contratación temporal e atempo parcial que, ademais, aumenta de xeito espectacular concarácter estacional.

ParaUGT, é necesario poñer en marcha un plan de choque para o empregono marco do diálogo social, co fin de mellorar a calidade doemprego, a empregabilidade e lograr a inserción permanente daspersoas en desemprego, especialmente, aquelas con maioresdificultades de acceso ao mercado laboral.

O58,3% do desemprego en Galicia ten rostro de muller

Continuandocoa análise dos datos, obsérvase que continúa a peor evolución dodesemprego nas mulleres. Cae o paro nun 3% entre as mulleres galegas,fronte ao descenso do 5,2% entre os homes. A fenda no desempregopersiste, o 58,3% do paro ten rostro de muller en Galicia.

Entreos menores de 25 anos o paro baixou un 5,3% no mes e un 13,8% no ano.E, por sectores, paro baixou no primario nun 9,62%; na construción,nun 4,82%; un 4,75% na industria; e no sector servizos nun 3,69%.

Fuente: UGT-Galicia