UGT-Galicia e o S.N. de CCOO de Galicia ofreceron hoxe en Santiago unha rolda de prensa na que analizaron os orzamentos da Xunta para o ano 2016. Orzamentos que foron cualificados como pouco cribles, electoralistas e que non teñen en conta a realidade galega.
A Reforma laboral incrementa a taxa de paro da mocidade galega en catro puntos, sitúa a temporalidade en case o 50 por cento e eleva a parcialidade ao 21 por cento
A secretaria de Igualdade, Xuventude e Movementos Sociais de UGT-Galicia, Mónica Rodríguez, e o secretario de Política Sindical, Relacións Laborais e Formación do Sindicato, José Domingo Barros, presentaron hoxe en Santiago o informe “A precariedade laboral da xuventude en Galicia”. Esta análise contextualízase na grave situación económica que se está a vivir