A secretaria de Igualdade, Xuventude e Movementos Sociais de UGT-Galicia, Mónica Rodríguez; a secretaria xeral da Federación galega de empregados e empregadas dos Servizos Públicos (FeSP-UGT), Delia Irene Martínez; e a secretaria de Igualdade desta Federación, Ángeles Villarnovo, ofreceron hoxe unha rolda de prensa en Santiago con motivo da conmemoración mañá do Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres.
As mulleres traballan unha media de dous meses ao ano gratis
A Unión Xeral de Traballadores denuncia un ano máis que a brecha salarial en España, segundo datos de Eurostat, sitúase no 14,9% o que supón que as mulleres no noso país traballan gratis unha media de 54 días (case dous meses). Para poñer de manifesto esta realidade, o sindicato iniciará unha campaña, co lema #YoTrabajoGratis, que se desenvolverá do 8 de novembro ata o 31 de decembro, o período de tempo no que
Por segundo mes consecutivo, increméntase o paro, evidencia dun mercado laboral estacional e precario
Xa por segundo mes consecutivo o desemprego medra en Galicia, o que evidencia que cando se produce unha recuperación do emprego esta é tan débil, baseada en traballos estacionais, que non permite o mantemento estrutural da mellora do mercado laboral galego.
Arranca en Vigo o XXI Encontro sindical da muller
As unións comarcais de UGT e CCOO en Vigo organizan, en colaboración co Concello de Vigo, este xoves e venres na cidade olívica o XXI Encontro sindical da muller no que se debaterá sobre “A igualdade no mercado laboral. Superando obstáculos. Rompendo barreiras”.
Aumenta o paro e o escaso emprego que se xera é precario con tan só un 7% de contratación indefinida
O desemprego medra, segundo os datos do paro de setembro publicados hoxe polos servizos públicos de emprego. O escaso emprego que se crea é moi precario, sendo a porcentaxe de contratación indefinida sobre o total de tan só o 7,21 por cento, e mantéñense os altos niveis de desprotección, xa que a taxa de cobertura deixa fóra ao 46,7 por cento dos desempregados.