O 36% das mulleres asalariadas teñen ingresos menores ou iguais ao SMI
A brecha salarial en Galicia é dun 22,6% (do 36,3% nas pensións), percibindo as galegas 5.488 euros menos ao ano
O 36% das mulleres asalariadas teñen ingresos menores ou iguais ao SMI
A brecha salarial en Galicia é dun 22,6% (do 36,3% nas pensións), percibindo as galegas 5.488 euros menos ao ano
UGT-Galicia asina un Acordo de Diálogo Social en defensa da igualdade de oportunidades no eido laboral, para promover a contratación responsable na Administración e que aposta pola formación e emprego de calidade
O Sindicato saúda o acordo asinado pero aposta por seguir traballando e abrir novos espazo de diálogo sectoriais
Co gallo do Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, que terá lugar mañá, UGT-Galicia denuncia que esta lacra continúa, nalgúns casos incluso agudízase porque o Sindicato ten claro que a violencia de xénero existirá mentres non se eliminen a discriminación e a desigualdade de xénero.
UGT relanza a partir de hoxe, 7 de novembro, a campaña que desenvolve o sindicato todos os anos desde 2016 para denunciar a brecha salarial entre mulleres e homes, atendendo aos datos de Eurostat que analiza salarios hora. Así, este ano as mulleres traballan gratis en España desde o 7 de novembro ata final de ano. É dicir, traballarán 55 días gratis como consecuencia da brecha salarial (tres días máis que o ano anterior).
Segundo os últimos datos dispoñibles de Eurostat:
UGT-Galicia chama á cidadanía a que participe nas mobilizacións convocadas nas cidades e vilas galegas os vindeiros días 18 e 20 de setembro contra o violencia contra as mulleres.
Lacra que, lonxe de remitir, tense agudizado dun xeito cruel durante o período estival e cuxo último caso viviuse en Valga este luns no que foron asasinadas tres mulleres a mans da ex parella dunha das vítimas. O asasino tamén arremeteu contra a nai e irmá da súa ex parella, acabando coa vida de ambas, e deixando a dous rapaces totalmente desprotexidos.
UGT e a empresa Sargadelos veñen de pedir a suspensión do xuízo de conflito colectivo, que se tiña que celebrar hoxe no Xulgado do social número 1 de Lugo, relativo ao abono da terceira paga extra á totalidade dos traballadores e traballadoras da planta de Cervo.
Ambas as partes decidiron abrir un proceso negociador sobre este tema para intentar chegar a un acordo que, para UGT, pasa, necesariamente, polo cumprimento por parte da empresa da legalidade, é dicir, a aplicación a todos os traballadores e traballadoras por igual do convenio colectivo da fábrica de cerámica.
Ao longo da mañá do día de hoxe, 9 de xullo, tivo lugar na sede de UGT emprazada no municipio lucense de Viveiro o acto de entrega do galardón ao “Premio 8 de Marzo” de UGT a Rogelia Mariña. Lembrar que o acto de entrega deste premio celebrouse na sede de UGT en Madrid o pasado 4 de marzo na XXIV edición destes premios, pero que neste momento Rogelia Mariña non puido acudir a recollelo pola negativa da dirección de Sargadelos a darlle permiso.
A Comisión Executiva de UGT-Galicia manifesta a súa máis enérxica repulsa pola grave agresión machista recibida por unha das traballadoras de UUAA na mañá de hoxe no Concello de Vimianzo.
UGT agarda das forzas e corpos de seguridade do Estado unha actuación eficaz e rápida para a detención do presunto autor destes gravísimos e preocupantes feitos, que novamente nos sitúan ante o insoportable escenario da violencia contra as mulleres.