|
O pasado día 14 de novembro o Teatro Principal de Santiago acolleu o acto cívico "Galego, lingua en liberdade", convocado pola iniciativa cidadá "Galego, patrimonio da humanidade" que conta con máis de 2000 adhesións. No acto do sábado interviu o secretario xeral do Sindicato apelando á convivencia das dúas linguas, "que son nosas e nos enriquecen", con total liberdade, e sen que isto supoña en ningún momento un conflito social como algúns pretenden.
|