UGT insta a sumarse á Folga Mundial polo Clima

Os recentes informes sobre o estado da biodiversidade do IPBES, que sinalan que preto dun millón de especies entre animais e plantas atópanse ao bordo da extinción como consecuencia das actividades humanas, e do informe do IPCC sobre o incremento da temperatura media global en 1,5 º C, alertan da deterioración dun gran número de ecosistemas, tanto terrestres como mariños, así como do punto de non retorno fronte ao cambio climático. 

 

Leer mas…

UGT-Galicia esixe cláusulas sociais nos contratos públicos

Dende UGT Galicia solicitamos a todas as administracións públicas, Xunta, Deputacións e Concellos, a adopción dun novo modelo de cláusulas socias na contratación pública, baixo criterios de homoxeneidade e consenso cos axentes sociais que sexa una guía para o conxunto de administracións da nosa comunidade autónoma. É necesario unificar criterios en todas as administracións e acabar así coa actual discrecionalidade existente que tanto prexudica á economía galega.

Leer mas…

Pepe Álvarez e José Antonio Gómez reúnense cos traballadores do servizo de extinción de lumes de Galicia

Ao longo da mañá de hoxe tivo lugar en Santiago, na sede de UGT-Galicia un encontro cos traballadores dos servizos de extinción de lumes da Xunta na que os secretarios xerais de UGT-Galicia, UGT, FeSP-Galicia e FeSP estatal expuxeron a súa visión sobre a problemática dos lumes forestais e, concretamente, sobre a última vaga de lumes que asolagou Galicia hai unha semanas.

Leer mas…

FeSP-UGT denuncia desfragmentación, falta de previsión e ineficacia por parte dos responsables do deseño do operativo da loita contra os lumes en Galicia

Os responsables do Sector de Autonómica da Federación galega de empregados e empregadas dos Servizos Públicos (FeSP-UGT) e o responsable de Bombeiros Forestais denuncian desfragmentación, falta de previsión e ineficacia por parte daqueles que están ao fronte do deseño do operativo da loita contra os lumes en Galicia nesta última vaga que está a asolagar esta Comunidade.

Leer mas…

FeSP-UGT denuncia que Medio Rural intenta desmantelar os servizos de prevención e extinción de lumes de Galicia con políticas clientelares de contratación e precariedade laboral

A Federación de Empregados e Empregadas de Servizos Públicos de UGT-GALICIA (FeSP-UGT de Galicia) amosa a súa indignación polas recentes declaracións realizadas polo director xeral de Ordenación e Produción forestal da Consellería de Medio Rural no Parlamento que son unha mostra máis da política de desmantelamento dos servizos públicos que se pretende no eido desta Consellería.

Leer mas…