A mellora da situación económica non chega aos máis mozos

As mozas e os mozos galegos, a pesar do seu bo nivel formativo, soportan taxas de paro superiores ao resto da poboación, fortísimas perdas de poboación activa polo efecto desánimo, altas taxas de parcialidade e temporalidade e salario moito máis baixos. Isto conduce a unha situación de vulnerabilidade que urxe corrixir co fin de consolidar un mercado laboral máis xusto para todos, áxil e eficiente.

Leer mas…

O paro continúa cebándose coas mulleres e cos máis mozos

Os datos do paro rexistrado facilitados hoxe polo INE evidencian que, aínda que baixa timidamente o desemprego, este segue afectando máis ás mulleres que aos homes. Os mozos, os menores de 25 anos, tamén volven a ser diana do desemprego que baixa no conxunto de idades pero medra un 2,7% entre os mozos galegos.

Leer mas…

A estacionalidade, a rotación e a baixa calidade das contratacións non logra maquillar a debilidade do mercado laboral galego

Os datos de paro rexistrado en Galicia reflicten que na nosa Comunidade non se está a crear emprego ao mesmo ritmo que no resto de España. A estacionalidade e a baixa calidade e duración destas contratacións non logra maquillar a debilidade do mercado laboral galego.

Leer mas…

UGT-Galicia esixe cláusulas sociais nos contratos públicos

Dende UGT Galicia solicitamos a todas as administracións públicas, Xunta, Deputacións e Concellos, a adopción dun novo modelo de cláusulas socias na contratación pública, baixo criterios de homoxeneidade e consenso cos axentes sociais que sexa una guía para o conxunto de administracións da nosa comunidade autónoma. É necesario unificar criterios en todas as administracións e acabar así coa actual discrecionalidade existente que tanto prexudica á economía galega.

Leer mas…

UGT-Galicia saúda o dato do paro do mes de xuño, aínda que alerta sobre a precariedade e temporalidade do emprego que se crea

Segue habendo 189.665 persoas no desemprego en Galicia​


UGT-Galicia saúda o dato do paro do mes de xuño, ainda que amosa a súa fonda preocupación pola precariedade e a temporalidade do emprego que se está a crear. Así, só o 6,96 por cento dos contratos asinados no mes de xuño foron indefinidos. A isto temos que engadirlle a maior debilidade da recuperación do emprego feminino fronte ao masculino e a extensión da brecha entre homes e mulleres no desemprego.

Leer mas…

Páginas