O dato de IPC publicado hoxe polo Instituto Nacional de Estatística presenta unha taxa de variación interanual no Estado do 2.0%. A taxa de variación interanual do IPC en Galicia foi dúas décimas superior á estatal, o 2.2%. A taxa de variación mensual do IPC xeral no Estado foi do -1.1% En Galicia a taxa de variación mensual é inferior, o -1.4%.No Estado a taxa de inflación subxacente sitúase no 1.3%. Unha vez máis, hai aspectos conxunturais da inflación (taxa de inflación xeral sen alimentos non elaborados nin produtos enerxéticos, é dicir, a subxacente) que están a influír na variación da inflación (con consecuencias moi negativas no poder adquisitivo dos traballadores e traballadoras galegas), estruturalmente os prezos teñen unha taxa de variación inferior. Cos datos publicados compróbase como os compoñentes conxunturais están a esgotar o poder adquisitivo dos galegos. Mantense unha diferenza de sete décimas coa xeral. En Galicia a taxa de inflación subxacente é 1.5%, a taxa xeral segue sendo superior á subxacente, tamén un diferencial de 0.7 puntos.