Gabinetes de Asistencia Técnica en Prevención de Riscos Laborais

Fecha: 22 Mar 2018

SERVIZO DE ASESORAMENTO E INFORMACIÓN EN PRL DE UGT-GALICIA

Desde UGT-Galicia e co financiamento da Fundación Estatal para a Prevención de Riscos Laborais (FEPRL), puxemos en marcha a acción denominada "SERVIZO DE ASESORAMENTO E INFORMACIÓN EN PRL DE UGT-GALICIA", co código da acción AT2017-0124,  a través da cal desenvolvemos os seguintes proxectos:

Denominación Tipo proxecto
Gabinete asistencia técnica prl Asistencia técnica
Guía ISO 45001 sobre sistemas de seguridade e saúde Información e promoción do cumprimento da normativa

 

Con estes proxectos pretendemos acadar os seguintes obxectivos xerais:

  • Fomento e o desenvolvemento dunha cultura preventiva que permita a implantación da Prevención de Riscos Laborais dunha forma eficaz e eficiente.
  • Xeración e desenvolvemento de ferramentas, referencias e recursos intersectoriales como apoio da actividade preventiva.
  • O deseño, desenvolvemento ou implantación de modelos de xestión preventiva intersectoriales. Mellora estrutural e o desenvolvemento tecnolóxico con integración da seguridade e saúde achegando beneficios e melloras nas condicións de traballo.
  • Mellora das condicións de seguridade e saúde no traballo, fomentando a aplicación de criterios de xestión responsable e saudable Accións encamiñadas á redución da sinistralidade.
  • Impulsar a regulación en materia de prevención de riscos laborais no marco da negociación colectiva de ámbito estatal ou supra-autonómico, conforme ao disposto no Título III do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores

 

Guía ISO 45001 sobre sistemas de seguridade e saúde

Trátase con esta publicación de facilitar o coñecemento sobre os sistemas certificables de xestión da seguridade e saúde escasamente abordados desde a vertente sindical, e con iso alcanzar os seguintes obxectivos:

  • Responder con esta publicación ás cuestións relativas ao proceso de implantación dun sistema de xestión conforme á norma ISO 45001.
  • Alcanzar unha maior concienciación dos traballadores sobre a importancia da integración da prevención a todos os niveis da empresa. 
  • Colaborar a reducir a sinistralidade laboral.
  • Promover e consolidar a cultura da prevención.

 

Gabinete de asistencia técnica en prl

Co Gabinete de asesoramento técnico, prestamos un servizo de asistencia legal e técnica sobre a correcta aplicación da normativa de prevención. Sobre as facultades e competencias dos/ as delegados/ as de prevención, dereitos de información, consulta e participación, así como sobre as obrigacións legais de todos os suxeitos implicados nesta materia e os distintos tipos de responsabilidades, así como das distintas modalidades de organización da actividade preventiva. Asesoramos sobre a correcta realización das avaliacións de riscos e a súa consecuente planificación, así como promovemos e asesoramos na integración de cláusulas preventivas na negociación colectiva.

 

​Donde estamos:

 CadroGbTec.jpg

Fuente: UGT-Galicia