Precariedade no emprego e no desemprego

Os datos do paro publicados hoxe polo Servizo Público de Emprego, correspondentes ao mes de novembro, amosan que o número de desempregados acadou as 170.369 persoas en Galicia, con 625 persoas máis que no mes anterior (un 0,37%, fronte á baixada do 0,06% do resto do Estado), o que amosa que, de novo, a estacionalidade marca as estatísticas debido a que finalizou a temporada vacacional e novembro aínda non enganchou cos contratos de nadal.

Leer mas…

As administracións galegas non poden contratar os servizos de seguridade con empresas que non garanten as condicións laborais

A Federación galega de Servizos, Mobilidade e Consumo (FeSMC-UGT) ofreceu hoxe en Santiago unha rolda de prensa na que analizou a situación da seguridade privada en Galicia dependente das administracións públicas e advertiu que, precisamente, os os traballadores da seguridade privada que dependen das administracións públicas os que sofren peores condicións laborais, nalgúns casos, non respectándose incluso nin unhas condicións mínimas.

Leer mas…

A debilidade do sistema reflíctese con emprego temporal, estacional e precario

Os datos do paro publicados hoxe polo Servizo Público de Emprego, correspondentes ao mes de outubro, amosan que o número de desempregados acadou as 169.744 persoas en Galicia, con 3.424 persoas máis que no mes anterior (un 2,1%, fronte ao 1,63% do resto do Estado), o que amosa que outubro é, como é habitual, un mes desfavorable para o emprego, debido a que finaliza a temporada vacacional. No ano o desemprego baixou un 8,7% (16.159 persoas menos).

Leer mas…

A mellora da situación económica non chega aos máis mozos

As mozas e os mozos galegos, a pesar do seu bo nivel formativo, soportan taxas de paro superiores ao resto da poboación, fortísimas perdas de poboación activa polo efecto desánimo, altas taxas de parcialidade e temporalidade e salario moito máis baixos. Isto conduce a unha situación de vulnerabilidade que urxe corrixir co fin de consolidar un mercado laboral máis xusto para todos, áxil e eficiente.

Leer mas…