NOTICIAS

O incremento do desemprego evidencia que a Reforma Laboral está a ser un fracaso

Os datos do paro feitos públicos hoxe polo INEM reflicten 1.743 desempregados máis en Galicia, unha suba dun 0,83 por cento en relación ao mes anterior. Este incremento do desemprego, co Real Decreto Lei 10/2010 de 16 de xuño de medidas urxentes para a reforma do mercado de traballo xa en vigor, evidencia o fracaso rotundo desta reforma e que non está a cumprir os obxectivos que supostamente pretendía o Goberno, a mellora do emprego. Todo o contrario, o conxunto de medidas de axuste do Executivo están a poñer en xaque a recuperación da economía e o emprego.
Máis de 5.600 infraccións cometidas polas empresas galegas no 2009 coa imposición de máis de 14 millóns de euros en multas

As estatísticas referidas á actividade da Inspección de Traballo en Galicia, últimos datos disponibles a decembro de 2009, reflicten que máis de 5.600 infraccións foron cometidas polas empresas galegas no 2009 coa imposición de máis de 14 millóns de euros en multas.
Axentes sociais e Xunta asinan, dentro do marco do diálogo social, un conxunto de acordos a prol do desenvolvemento social e económico de Galicia

UGT-Galicia, xunto co S.N. de CCOO de Galicia e a CEG, asinaron esta mañá coa Xunta un conxunto de acordos, enmarcados dentro do proceso de diálogo social que está aberto nesta Autonomía, a prol do desenvolvemento económico e social de Galicia.
Axentes sociais e Xunta asinan, dentro do marco do diálogo social, un conxunto de acordos a prol do desenvolvemento social e económico de Galicia

Documento completo
A EPA arroxa datos moi negativos en materia de emprego e UGT témese que coa Reforma laboral esta situación se poida agudizar aínda máis

Os datos da EPA, referidos ao segundo trimestre do ano feitos públicos hoxe polo INE, reflicten unha situación moi negativa para todo o Estado, cun incremento de 32.800 parados máis en relación ao trimestre anterior, pero especialmente preocupante en Galicia. Nesta autonomía, ademais de medrar o desemprego, en 1.200 persoas, situándose en 201.800 parados, tamén diminúe a ocupación, situándose en 1.093.700 persoas, baixando en 3.400. Evolución contraria ao que sucede no resto do Estado, onde a ocupación medra en 82.700 persoas.
Cándido Méndez e Ignacio Fernández Toxo participarán en dúas asembleas en Galicia sobre a reforma laboral e a folga xeral

O vindeiro luns, día 12 de xullo, Vigo e A Coruña acollerán sendas asembleas nas que os secretarios xerais de CCOO, Ignacio Fernández Toxo, e UGT, Cándido Méndez, como acto preparatorio da folga xeral do día 29 de setembro, analizarán a reforma laboral imposta polo Goberno e outras medidas que conforman o plan de axuste do Executivo central.
A baixada por terceiro mes consecutivo do paro, aínda sen reforma laboral de por medio, evidencia que é a economía quen tira do emprego e non a reforma do mercado de traballo

Os datos do paro feitos públicos hoxe polo INEM reflicten 8.682 desempregados menos en Galicia, unha baixada dun 3,8 por cento en relación ao mes anterior, o que significa unha diminución do desemprego por terceiro mes consecutivo. Esta tímida recuperación, sen reforma laboral de por medio, evidencia que é a economía a que tira do emprego e non as reformas estruturais do mercado de traballo. Sobre todo, a que ven de poñer en marcha o Goberno que, ademais de ser estéril para a recuperación económica, é lesiva para os traballadores porque fai que o despedimento sexa máis fácil, barato e subvencionado; facilita a temporalidade abusiva; e dálle máis poder aos empresarios á hora de modificar unilateralmente as condicións laborais sen respectar os convenios colectivos asinados.
Máis de 10.000 persoas déronlle un non rotundo á reforma laboral e os recortes sociais hoxe en Santiago

Máis de 10.000 persoas recorreron hoxe as rúas compostelanas e dixéronlle ao Goberno central que “Así non”, rexeitando rotundamente a reforma laboral e os recortes sociais impostos e os que pretenda realizar no futuro. A manifestación saíu da Alameda compostelana, recorreu varias rúas do ensanche de Santiago para rematar na Praza de Praterías onde interviñeron os secretarios xerais de UGT-Galicia, José Antonio Gómez; UGT-Compostela, Antonio García; do S.N. de CCOO de Galicia, José Manuel Sánchez; e CCOO-Compostela-Barbanza, María Concepción Trasande.
Intervención do secretario xeral de UGT-Galicia

Intervención do secretario xeral de UGT-Galicia, José Antonio Gómez, na manifestación que tivo lugar o día 30 de xuño contra a reforma laboral e os recortes sociais en Santiago.
Manifesto folga 29 setembro e manifestación 30 de xuño

As confederacións sindicais da Unión Xeral de Traballadores e de Comisións Obreiras adoptamos a decisión de iniciar un proceso de mobilizacións, que culminará coa celebración dunha Folga Xeral o próximo 29 de setembro, para expresar o contundente rexeitamento dos traballadores e traballadoras deste país ás políticas de recortes sociais e supresión de dereitos dos traballadores decretadas polo Goberno, baixo amparo e escusa de directrices europeas.

O descenso do paro, aínda que maio é de por si un bo mes para o emprego, evidencia que este país non precisa dunha reforma laboral “non pactada e lesiva para os traballadores” como pretende impoñer o FMI

UGT-Galicia denuncia a degradación da contorna galega polas agresións contra o medio nos eidos urbanísticos, ambiental ou de augas

Miles de empregados públicos mobilizáronse o pasado día 20 en toda Galicia en contra do Plan de axuste do Goberno

A recuperación do IPC, con seis meses de taxas positivas, pode verse freada polo plan de axuste do Goberno, que mermará o consumo e o investimento

Manifesto 17 de maio: Día das letras galegas

O II Comité nacional de UGT-Galicia respalda a convocatoria de folga xeral para o 29 de setembro

É máis necesario que nunca garantir o poder adquisitivo dos salarios e inxectar confianza

Máis de 15.000 persoas mobilizáronse en toda Galicia baixo o lema “Non aos recortes salariais e sociais”

Significativo seguimento en Galicia da folga convocada no sector da función pública

 

DE ACTUALIDADE

NOVIDADES LEXISLATIVAS DIARIAS

 

BOLETINES

FORMACIÓN

INFORMACIÓN DE INTERESE

INDICADORES DA ECONOMÍA SOCIAL GALEGA
INDICADORES DA INDUSTRIA GALEGA 2010
Calendario Laboral para 2010
Tipos de cotización e prestacións da SS para 2010
Acordo pola Competitividade 2008-2011
Política Medioambiental
Declaración Medioambiental de UGT-Galicia