Cada vez máis baixa e preocupante cobertura de desemprego

Fecha: 04 Sep 2018

UGT-Galicia considera que o dato do paro rexistrado do mes de agosto en Galicia non pode ocultar os altos índices de rotación laboral e precariedade, eivas que están lastrando ao mercado laboral da nosa Comunidade. Como consecuencia desta debilidade do mercado laboral galego, a taxa de cobertura das persoas desempregadas en Galicia e do 53% deixando fora do sistema de protección por desemprego a 84.830 persoas, sete puntos por baixo da cobertura estatal. Esta mesma debilidade traslúcese no feito que tanto as mulleres como os mozos menores de 25 anos seguen sendo os colectivos máis prexudicados polo desemprego en Galicia.

En Galicia aumenta o paro no mes de agosto nun 0,62%, con moita menor intensidade que no Estado, onde o fai cun 1,50%. É destacable que despois de seis anos de baixadas do paro rexistrado no mes de agosto, este ano, en Galicia, sube. Hai, polo tanto,  164.424 persoas desempregadas en Galicia, 1.012 máis que no mes anterior. No Estado hai 3.182.068 persoas desempregadas, o que representa un aumento de 47.047 persoas desempregadas.

Se temos en conta a variación interanual, hai en Galicia unha contracción do 9,2%, 16.701 persoas desempregadas menos e neste caso tamén cunha contracción moito maior que na media estatal, onde a baixada foi do 6% (200.256 desempregados menos).

  AGOSTO Variación mes Variación interanual
2008 152.437 2,1 8,7
2009 195.241 1,2 28,1
2010 211.532 0,8 8,3
2011 224.582 0,7 6,2
2012 257.267 -1,1 14,6
2013 257.524 -1,4 0,1
2014 236.939 -1,4 -8,0
2015 213.732 -1,2 -9,8
2016 193.045 -1,2 -9,7
2017 181.125 -0,4 -6,2
2018 164.424 0,6 -9,2

                       

  Galicia Estado
2018 / AGOSTO 164.424 3.182.068
Variación absoluta mes anterior 1.012 47.047
Variación relativa 0,62 1,50
Var. absoluta mesmo mes año anterior -16.701 -200.256
Variación relativa -9,2 -5,9

 

O desemprego segue castigando ás mulleres e aos máis xóvenes

Por sexos, hai unha peor evolución do desemprego nas mulleres que nos homes, xa que nestas, as mulleres, sube o paro o 0,89% e nos homes  só o 0,25 %. Seguen en peor posición as mulleres que os homes. Hai unha fonda brecha por sexos no desemprego, o 58.5% do total, e cunha marcada tendencia de aumento do peso do desemprego feminino. As cifras falan por si mesmas, 68.245 homes desempregados e 96.179 mulleres.

2018

Xaneiro

2018

Febreiro

2018

Marzo

2018

Abril

2018

Maio

2018

Xuño

2018

Xullo

2018

Agosto

56,2 56,4 56,5 57,2 57,5 57,8 58,3 58,5

En canto ao desemprego xuvenil, son 7.456 mozos e mozas menores de 25 anos desempregados, aumentando considerablemente o desemprego no mes, nun 1,32%. Evolución máis acusada que no conxunto de idades. No ano tamén ten unha caída máis acusada que no conxunto de idades, nos menores de 25 anos diminúe o 13,5%.

Datos por sectores de actividade

Ao analizar por sectores de actividade prodúcese unha evolución desigual, compróbase que o desemprego cae en agricultura o 0,88%, na construción o 2,38% e no colectivo sen emprego anterior contraese nun 1.17%.

En termos anuais, hai un descenso acusado no conxunto de actividades, con porcentaxes moi elevados de contracción na Construción, nun 20,6% menos, na Industria cun 10,4% e no primario cun 9,0% menos.

  Paro total Agricultura / Gandería Industria Construción Servizos Sen emprego anterior
2018  agosto 164.424 5.531 18.753 14.221 111.096 14.823
Variación absoluta mes anterior 1.012 -49 450 -347 1.134 -176
Variación relativa 0,62 -0,88 2,46. -2,38 1,03 -1,17
Variación absoluta mesmo mes do ano anterior -16.701 -550 -2.182 -3.695 -8.825 -1.449
Variación relativa -9,2 -9,0 -10,4 -20,6 -7,4 -8,9

 

Contratación

Cos datos de xullo compróbase que se fixeron 99.717 contratos no mes, diminuen o 15,9 % no mes e con respecto ao mesmo mes do ano anterior aumenta o 4,2%

Esta diminución da contratación plásmase na contratación temporal. No mes diminúe a contratación temporal nun 17,5% e aumenta a indefinida nun 6,41%.

Cada vez máis baixa e preocupante cobertura de desemprego

O número de beneficiarios de prestacións en xullo foi de 78.682 (último dato dispoñible) (o mes anterior xuño de 2018 foi de 80.125). A taxa de cobertura foi do 53% deixando fora do sistema de protección por desemprego a 84.830 persoa desempregadas, tendo en conta tanto aos que teñen dereito a cobertura por desemprego como aos que non. No Estado a taxa de cobertura é superior no mes, do 60,1 en xullo.

Tan só hai 36.332 persoas beneficiarias de prestacións por desemprego de carácter contributivo, o 46,18% do total, o que indica a precariedade na cobertura por desemprego, e cun importe medio de 766,2 euros (Contía media prestación contributiva percibida por beneficiario (euros/mes)).

A gran maioría da cobertura dos desempregados é de carácter asistencial, ben sexan Subsidio (32.793), Renda activa de inserción (8259 persoas perceptoras) ou Programa de activación emprego (1.999 persoas beneficiarias).

Fuente: UGT-Galicia