Atención nas sedes de UGT-Galicia durante a vixencia do estado de alarma

Atención nas sedes de UGT-Galicia durante durante a vixencia do estado de alarma
 

Santiago, 17 de marzo de 2020.- Ante a declaración do estado de alarma (Real Decreto 463/2020 do 14 de marzo), pola situación de emerxencia de saúde pública do país para conter a epidemia do Coronavirus, UGT–Galicia vai manter a atención aos traballadores e traballadoras, así como a delegados e delegadas, limitando a asistencia nas sedes do sindicato.

Todos os trámites poderanse levar a cabo mediante atención telefónica e/ou de maneira telemática nos horarios que se detallan a continuación. Nas nosas sedes estableceranse puntos de atención persoal para aqueles casos que non poida realizarse pola vía anterior. Pola saúde de todas e todos, recomendamos a consulta telefónica ou por vía telemática, de non ser así a asistencia persoal cumprirá os protocolos marcados pola autoridade sanitaria.

Non imos deixar de atender ningún problema, pero apelamos á responsabilidade de todos e todas para seguir fielmente as recomendacións das autoridades sanitarias.

Así, por todo isto, achegamos un cadro coa información relativa a todas as nosas sedes, horarios de apertura e número de teléfono e correos electrónicos para as consultas.