Omitir los comandos de cinta
Saltar al contenido principal
Inicio
AL DÍA >

    Que vantaxes supón afiliarse a UGT?

    As vantaxes de estar afiliado/a a un sindicato organizado e estruturado, como UGT, son numerosas:

    Información e asesoramento permanente

    Gabinetes Xurídicos Especializados (avogados/as laboralistas, etc.)
    Contratación, salarios, vacacións, nóminas, xornadas, convenios colectivos, liquidacións, finiquitos, xubilacións, pensións, Seguridade Social, despedimentos, etc.
    Expedientes de regulación
    Protección por desemprego
    Prevención de riscos laborais
    Formación contínua adaptada aos postos de traballo
    Formación sindical específica aos delegados/as de persoal, membros de comités e delegados/as de Saúde Laboral

    Outros servizos

    Vacacións, viaxes e hoteis 
    Campamentos infantís de verán
    Ocio: residencias, tempo libre
    Establecementos concertados
    Seguro de Accidentes en caso de morte, a partir dun ano de afiliación ininterrumpida a UGT

    Contía das cotas de afiliación a UGT para o ano 2016

    Cota Básica Confederal

    11,10 euros mensuais
    A Cota Ordinaria, cuxos tipos e contía establecen no seu Congreso Federal as Federacións Estatais, deben respectar un mínimo igual á Cota Básica Confederal.
     
     
    Cota Reducida
     
    7,75 euros mensuais
     

    A Cota Reducida aplicarase aos afiliados cuxos ingresos anuais íntegros procedentes de rendas do traballo ou protección por desemprego sexan iguais ou inferiores en cómputo anual a 1,50 veces o Salario Mínimo Interprofesional.
     
    Tamén poderá aplicarse a determinados colectivos e situacións específicas, cando así o prevean os Estatutos Federais.
     
    Cotas Especiais para Xubilados (tipo C)
    5,55 euros mensuais
     

    Aplicarase ás persoas adscritas da Unión de Xubilados e Pensionistas (UJP) cuxos ingresos anuais íntegros sexan superiores a 1,50 veces o Salario Mínimo Interprofesional.
     
    Afiliados pertencentes aos diversos sectores en que se organiza a Unión Estatal de Traballadores por Conta Propia.
     
    Cotas Especiais para UPA e UPTA
    3,90 euros mensuais
     
    Aplicarase aos seus afiliados
     
     
    Cotas Especiais para Xubilados e Parados (tipo D)
    3,30 euros mensuais
     
     
    Aplicarase ás persoas adscritas da Unión de Xubilados e Pensionistas (UJP) cuxos ingresos anuais íntegros sexan inferiores a 1,50 veces o Salario Mínimo Interprofesional e aos afiliados e afiliadas que se encontren en situación de paro e carezan de ingresos ou prestacións.
     
     

    FICHA DE AFILIACIÓN

    Afiliate, é moi sinxelo só tes que seguir os seguintes pasos:

    • Descarga a ficha.Pica na ligazón de descarga que se atopa abaixo e abrirase unha nova xanela co arquivo en pdf coa ficha.
    • Imprímea e rechea todos os campos que veñen na ficha.Asínaa
    • Envíanola.Cando encheses a ficha envíanola por correo electrónico a sorganizacion@galicia.ugt.org ou se o prefires por correo postal á dirección:

    UGT-Galicia

    Secretaría de Organización e Administración

    Rúa Miguel Ferro Caaveiro, 12; 15007 SANTIAGO


    FOLLA DE AFILIACIÓN

    AFILIADOS y AFILIADAS ACCEDER
    BUSCAR
    REDES SOCIALES
    Logo

    Unión Xeral de Traballadores. Miguel Ferro Caaveiro12; 15707 SANTIAGO. Telf.: 981. 577. 171 Fax: 981. 599. 438   |   UGT é membro da CES e da CSI

    [Aviso Legal] [Versión Móvil].