Omitir los comandos de cinta
Saltar al contenido principal
Inicio
AL DÍA >
NOTICIAS
UGT e CCOO presentan no Parlamento galego unha proposta de declaración institucional en defensa do sistema público de pensións

UGT e CCOO presentan no Parlamento galego unha proposta de declaración institucional en defensa do sistema público de pensións

UGT-Galicia | martes, 8 de octubre de 2019

​A Unión Xeral de Traballadores de Galicia (UGT-Galicia) e CCOO de Galicia dirixíronse ao Parlamento galego cunha proposta de declaración institucional en defensa do sistema público de pensións. DEspois dos contactos que tiñeron lugar a semana pasada, UGT e CCOO de Galicia  achegaron aos grupos parlamentarios (PP, PSdeG-PSOE, BNG, Grupo Común da Esquerda e Grupo Mixto) unha proposta de declaración  para a súa aprobación. Cómpre lembrar que as declaracións institucionais requiren da unanimidade de todos os grupos para saíren adiante.

A proposta de declaración presentada considera que " o sistema público de pensións é o principal instrumento do benestar e a protección social, tanto en Galicia como no resto do Estado. En primeiro lugar porque dá cobertura, fundamentalmente, ás persoas maiores, aínda que tamén protexe outras continxencias como a incapacidade, a viuvez e a orfandade. En todos os casos, protexe persoas que dificilmente teñen alternativas de ingresos diferentes á pensión; son, polo tanto persoas vulnerables que teñen no sistema público de pensións a garantía de ingresos para levar unha vida digna".

En segundo lugar, porque ningún outro sistema de protección dá cobertura a un número tan elevado de persoas, para o que dispón dun orzamento moi superior ao resto de instrumentos de protección social.

Algunhas cifras o demostran. En Galicia hai 339 459 mulleres e 338 767 homes pensionistas  nas  diferentes  modalidades  e  réximes.  Sumadas,  son  678 226 persoas en total, unha cifra que, comparada coa poboación total de Galicia, evidencia a súa extraordinaria relevancia: o 25 % dos 2,7 millóns de persoas que viven no noso país son pensionistas.

A defensa do sistema público de pensións é o principal instrumento para o benestar, a protección e a cohesión social, que debe ser reforzado ante o desafío demográfico ao que se enfronta para poder garantir pensións suficientes que lles aseguren unha vida digna ás persoas que as cobran.

Noticias Relacionadas
VolverVolver
AFILIADOS y AFILIADAS ACCEDER
BUSCAR
REDES SOCIALES
Logo

Unión Xeral de Traballadores. Miguel Ferro Caaveiro12; 15707 SANTIAGO. Telf.: 981. 577. 171 Fax: 981. 599. 438   |   UGT é membro da CES e da CSI

[Aviso Legal] [Versión Móvil].