Omitir los comandos de cinta
Saltar al contenido principal
Inicio
AL DÍA >
NOTICIAS
No Día internacional das persoas maiores UGT demanda a redución das desigualdades, loita contra a pobreza, seguridade económica, servizos públicos de calidade e pensións dignas

No Día internacional das persoas maiores UGT demanda a redución das desigualdades, loita contra a pobreza, seguridade económica, servizos públicos de calidade e pensións dignas

UGT reclama que no 2020 as pensións suban conforme ao IPC

UGT-Galicia | martes, 1 de octubre de 2019

 Hoxe, no Día internacional das persoas maiores, UGT pon de relevo a importante contribución que as persoas maiores realizaron ao longo da súa vida para mellorar a sociedade e trátase de concienciar á sociedade sobre os problemas e os retos que supón o envellecemento no mundo actual.


Esta debe ser unha xornada de reivindicación na que máis de dez millóns de persoas deben adoptar unha participación activa na axenda política do país. Tras varios anos de crise, o estado de benestar sufriu duros e incisivos ataques, recortáronse dereitos e servizos, agravouse o sistema de saúde con taxas inxustas, púxose en risco o sistema público de pensións, precarizouse o mercado laboral e atentouse contra o futuro dos nosos fillos e netos.


Por todo iso, chegou o momento de demandar a redución das desigualdades porque o noso país é un dos que no contexto da UE ten maior fenda de renda, do 10%; con máis de 10 millóns de cidadáns con rendas inferiores ao limiar da pobreza. Neste contexto hai que seguir actuando para mellorar as pensións mínimas, contributivas e non contributivas.


Hai que traballar no camiño da loita contra a pobreza. Case o 14% da poboación ocupada son persoas que, a pesar de ter un emprego, viven en risco de pobreza e o 12,8% dos pensionistas sitúase baixo o limiar de risco de pobreza.


Non se pode esquecer que as pensións son o sustento económico das nosas persoas maiores pero tamén son unha fonte de renda fundamental para case un 20% da poboación española e un factor determinante e crecente da demanda interna.


O sistema sanitario público, ademais de preservalo, urxe adaptalo á crecente demanda de servizos sanitarios derivada do proceso de envellecemento da poboación española. Con todo, os recortes dos últimos anos e o incremento do copagamento farmacéutico constituíron un ataque frontal aos nosos maiores. Por iso, hoxe é o día para esixir un sistema sanitario público de calidade e que se poña fin aos recortes.


En materia de pensións, hai que esixir a derrogación da reforma das pensións da Lei 23/2013, do 23 de setembro; un compromiso político que implique recuperar a centralidade do Pacto de Toledo; corrixir o actual desequilibrio das contas da Seguridade Social sen diminuír os dereitos dos xubilados e pensionistas, o que depende, entre outras cousas, dunha ampliación das fontes de financiamento da Seguridade Social para incrementar os recursos do sistema; e garantir o mantemento do poder adquisitivo das pensións, recuperando a súa revalorización en función do IPC.


Especial atención require o sistema de Autonomía e Atención á Dependencia que debe protexer de xeito efectivo ás persoas que se atopan nesta situación. España precisa un aumento do gasto público para atender ás persoas dependentes, dado o envellecemento poboacional. Durante a crise, co Goberno do PP, os orzamentos para a atención á dependencia sufriron recortes substanciais que aínda se manteñen hoxe, algo que urxe reverter.


Tamén hai que garantir que as persoas maiores teñan o dereito a unha vivenda digna cun potente parque público de vivendas accesibles en alugamento.

Neste día, tamén reivindicamos o dereito da persoa a unha morte digna, segundo os seus propios valores.


Para paliar a secuela social da vellez que constitúe a soidade, debemos apoiarnos na parella, fillos, netos a parentes en xeral. Pero, fóra do eido familiar, é necesario contar cunhas redes sociais extensas e eficaces na subministración de apoio emocional e mesmo, chegado o caso, instrumental.


Todo isto lle será trasladado mañá, día 2, aos grupos parlamentarios co fin de instar ao Parlamento de Galicia a adoptar unha resolución en defensa destas reivindicacións.​

Noticias Relacionadas
VolverVolver
AFILIADOS y AFILIADAS ACCEDER
BUSCAR
REDES SOCIALES
Logo

Unión Xeral de Traballadores. Miguel Ferro Caaveiro12; 15707 SANTIAGO. Telf.: 981. 577. 171 Fax: 981. 599. 438   |   UGT é membro da CES e da CSI

[Aviso Legal] [Versión Móvil].