Omitir los comandos de cinta
Saltar al contenido principal
Inicio
AL DÍA >
NOTICIAS
UGT insta a sumarse á Folga Mundial polo Clima

UGT insta a sumarse á Folga Mundial polo Clima

O día 27 haberá mobilizacións nas cidades e vilas galegas

UGT-Galicia | lunes, 23 de septiembre de 2019

​​​

Os recentes informes sobre o estado da biodiversidade do IPBES, que sinalan que preto dun millón de especies entre animais e plantas atópanse ao bordo da extinción como consecuencia das actividades humanas, e do informe do IPCC sobre o incremento da temperatura media global en 1,5 º C, alertan da deterioración dun gran número de ecosistemas, tanto terrestres como mariños, así como do punto de non retorno fronte ao cambio climático.


A humanidade enfróntase a un dos seus maiores retos: a crise climática. Unha crise, consecuencia directa do modelo de produción extractivista e consumo globalizado actuais, que pon en risco a nosa propia supervivencia e a dun gran número doutras especies e ecosistemas e impacta de maneira inxusta especialmente nas poboacións máis empobrecidas e vulnerables do mundo. Non responder con suficiente rapidez e contundencia á emerxencia climática e civilizatoria supoñería a morte e/ou o malvivir de millóns de persoas, ademais da extinción de moitas especies e, mesmo, de ecosistemas completos.


Os datos son contundentes e o tempo xoga na nosa contra. No caso da rexión mediterránea, na que se atopa a Península Ibérica e que é unha das máis vulnerables #ante o cambio climático, se non se limita o incremento da temperatura media global en 1,5 º C, as consecuencias para as xeracións presentes e futuras serán catastróficas: ondas de calor máis intensas e prolongadas, secas recorrentes, desertificación, aumento dos fenómenos meteorolóxicos extremos, perda de biodiversidade, falta de dispoñibilidade de auga potable e terras fértiles, incendios máis virulentos, empobrecemento e aumento das desigualdades en calquera das súas expresións, etc.


Por tanto, as diferentes institucións europeas, estatais, autonómicas e locais deben asumir a súa responsabilidade e estar á altura das necesidades que esixe este momento crucial da Historia. A loita contra a emerxencia climática non pode supeditarse a unha ideoloxía ou cor político, debe ser asumida por todos os partidos.


Por todo iso, e en defensa do presente e do futuro, dun planeta vivo e dun mundo xusto, as persoas e colectivos asinantes sumámonos á convocatoria internacional de Folga Mundial polo Clima, do próximo 27 de setembro, e instamos a toda a sociedade (cidadanía, todos os actores sociais, ambientais e sindicais) a que se mobilice e sómese á convocatoria de Folga Mundial polo Clima, difundindo e participando nas accións que estamos a convocar, que tomarán moi diversas formas: manifestacións, folgas estudantís e de consumo, peches patronais de entidades comprometidas, mobilizacións nos centros de traballo e nas rúas, etc. Un gran berro común e unitario na loita climática.





Noticias Relacionadas
VolverVolver
AFILIADOS y AFILIADAS ACCEDER
BUSCAR
REDES SOCIALES
Logo

Unión Xeral de Traballadores. Miguel Ferro Caaveiro12; 15707 SANTIAGO. Telf.: 981. 577. 171 Fax: 981. 599. 438   |   UGT é membro da CES e da CSI

[Aviso Legal] [Versión Móvil].