Omitir los comandos de cinta
Saltar al contenido principal
Inicio
AL DÍA >
NOTICIAS
UGT chama á cidadanía galega a mobilizarse os días 18 e 20 contra a violencia contra as mulleres

UGT chama á cidadanía galega a mobilizarse os días 18 e 20 contra a violencia contra as mulleres

UGT-Galicia | martes, 17 de septiembre de 2019

​UGT-Galicia chama á cidadanía a que participe nas mobilizacións convocadas nas cidades e vilas galegas os vindeiros días 18 e 20 de setembro contra o violencia contra as mulleres. 

Lacra que, lonxe de remitir, tense agudizado dun xeito cruel durante o período estival e cuxo último caso viviuse en Valga este luns no que foron asasinadas tres mulleres a mans da ex parella dunha das vítimas. O asasino tamén arremeteu contra a nai e irmá da súa ex parella, acabando coa vida de ambas, e deixando a dous rapaces totalmente desprotexidos.

UGT reclama que se redobren todos os esforzos contra unha lacra que resulta intolerable e que hai que atallar xa de raíz. 

Por todo isto, o Sindicato chama á cidadanía a participar nas mobilizacións convocadas en Galicia o día 18, contra o triple asasinato de Valga, e o día 20 nas noites violetas de emerxencia feminista contra as violencias machistas. 

Noticias Relacionadas
VolverVolver
AFILIADOS y AFILIADAS ACCEDER
BUSCAR
REDES SOCIALES
Logo

Unión Xeral de Traballadores. Miguel Ferro Caaveiro12; 15707 SANTIAGO. Telf.: 981. 577. 171 Fax: 981. 599. 438   |   UGT é membro da CES e da CSI

[Aviso Legal] [Versión Móvil].