Omitir los comandos de cinta
Saltar al contenido principal
Inicio
AL DÍA >
NOTICIAS
A precariedade e a rotación na contratación seguen a ser as eivas do mercado de traballo galego

A precariedade e a rotación na contratación seguen a ser as eivas do mercado de traballo galego

Sube o desemprego feminino e en menores de 25 anos

UGT-Galicia | martes, 3 de septiembre de 2019

Diminue a a afiliación e aumenta o paro rexistrado en Galicia


​UGT-Galicia considera que o dato do paro rexistrado do mes de agosto en Galicia novamente pon de manifesto os altos índices de rotación laboral e precariedade, eivas que están lastrando ao mercado laboral da nosa Comunidade. Esta debilidade traslúcese no feito que tanto as mulleres como os mozos menores de 25 anos seguen sendo os colectivos máis prexudicados polo desemprego en Galicia.

A afiliación diminúe con respecto ao mes anterior ata situarse en 1.036.900 persoas afiliadas/cotizantes no mes de agosto de 2019, o que supón 582 persoas menos afiliadas, o 0,06% descenso moi inferior ao total do estado, no que o descenso foi do 1,09%.

Se a comparación a realizamos co mesmo mes do ano anterior o número de cotizantes en Galicia aumenta en 16.513 persoas, o 1,62%, variación interanual.

As cifras de desemprego sitúanse en 153.820 persoas, o que supón un incremento do 1,9% sobre o desemprego do mes de xullo deste año

No mes Galicia aporta un aumento de 2.899 desempregados, no Estado en total foron 54.371 desempregados máis no mes de agosto. En termos porcentuales in incremento incluso superior en Galicia, 1,9% fronte a o 1,8% do estado.

Se temos en conta a variación interanual hai en Galicia unha contracción do -6,4% % -10.604 persoas desempregadas menos e neste caso unha cunha contracción moito maior que na media estatal, onde foi do -3.65% (-116.264 persoas desempregadas menos)

 

 AgostoVariación mesVariación interanual
2008152.4372,18,7
2009195.2411,228,1
2010211.5320,88,3
2011224.5820,76,2
2012257.267-1,114,6
2013257.524-1,40,1
2014236.939-1,4-8,0
2015213.732-1,2-9,8
2016193.045-1,2-9,7
2017181.125-0,4-6,2
2018164.4240,6-9,2
2019153.8201,9-6,4

                       

 GaliciaEstado
2019/Agosto  
Variación absoluta mes anterior2.89954.371
Variación relativa1,921,81
Var. absoluta mesmo mes año anterior-10.604-116.264
Variación relativa-6,45-3,65

 

Sube o desemprego feminino e en menores de 25 anos

Por sexos, no mes de agosto, hai unha evolución do desemprego máis negativa nas mulleres, cun aumento do paro rexistrado do 2,09%, en contraposición cos homes, cun incremento do 1,68%, xa que aumenta o paro en 1.852 mulleres e 1.047 homes, de maneira que un total de 90.483 desempregadas son mulleres e 63.337 son homes.

Non se produce a mesma evolución en termos anuais, onde se producen caídas do desemprego do 7,19% en homes e o 5,92% en mulleres.

Por idades, son 6.712 os mozos e mozas menores de 25 anos desempregados. O desemprego aumenta neste colectivo no mes o 4,40%, de forma máis acusada que no conxunto de idades, xa que duplica ao resto das idades.

No ano a caída é tamén maior que á do conxunto de idades, nos menores de 25 anos diminúe o 9,98%.

Resultados por sectores de actividade

No mes, ao analizar por sectores de actividade prodúcese un aumento do desemprego en Industria, cun 1,68%, e Servizos, cun 2,60%.

 

 Paro totalAgricultura / GanderíaIndustriaConstruciónServizosSen emprego anterior
2019/Agosto153.8205.02217.39412.344105.63013.430
Variación absoluta mes anterior2.899-98287412.672-3
Variación relativa1,92-1,911,680,332,60-0,02
Variación absoluta mesmo mes do ano anterior-10.604-509-1.359-1.877-5.466-1.393
Variación relativa-6,45-9,20-7,25-13,20-4,92-9,40

 

Contratación e afiliación á SS

Cos datos de agosto compróbase que se fixeron 93.629 contratos nun mes, diminúe así a contratación con respecto ao mes anterior o -22,68% e con respecto ao ano anterior o -6,11%.

A afiliación sitúase en Galicia no mes de agosto en 1.036.900 persoas o que supón un descenso con respecto ao mes anterior de 582 afiliados menos, un 0,06%. Se a comparación a facemos co mes de agosto do ano anterior hai un aumento de 16.512 persoas, o 1,62% de aumento.

GALICIAAGOSTO 2019VARIACIÓN SOBRE
Mes anteriorMesmo mes ano anterior
%%
DESEMPREGO
Nº persoas paradas153.8202.8991,92-10.604-6,4
* homes63.3371.0471,68-4.908-7,2
* mulleres90.4831.8522,09-5.696-5,9
* mozos e mozas < 25 anos6.7122834,4-744-10,0
Por sectores*     
* agricultura5.022-98-1,9-509-9,2
* industria17.3942871,7-1.359-7,2
* construción12.344410,3-1.877-13,2
* servizos105.6302.6722,6-5.466-4,9
* sen emprego anterior13.430-30,0-1.393-9,4
Persoas beneficiarias prestación por desemprego (xullo)83.546 
Taxa de cobertura prestación por desemprego (xullo)60,77
Persoas paradas totais sen ningún tipo de prestación (xullo)67.375
CONTRATACIÓN
Nº contratos93.629-27.469-22,7-6.088-6,1
* indefinidos (inclúe transformación de contratos en indefinidos)5.763-2.243-28,0-2.805-32,7
* temporais87.866-25.226-22,3-3.283-3,6
AFILIACIÓN Á SEGURIDADE SOCIAL
Nº persoas afiliadas/cotizantes (datos provisionais)1.036.900-582-0,116.5121,6

Fonte: Gabinete Económico Comisión Executiva UGT Galicia, a partir dos datos do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social

Noticias Relacionadas
VolverVolver
AFILIADOS y AFILIADAS ACCEDER
BUSCAR
REDES SOCIALES
Logo

Unión Xeral de Traballadores. Miguel Ferro Caaveiro12; 15707 SANTIAGO. Telf.: 981. 577. 171 Fax: 981. 599. 438   |   UGT é membro da CES e da CSI

[Aviso Legal] [Versión Móvil].