Omitir los comandos de cinta
Saltar al contenido principal
Inicio
AL DÍA >
NOTICIAS
UGT e Sargadelos piden a suspensión do xuízo de conflito colectivo que tería que celebrarse hoxe para dirimir sobre o abono da terceira paga extra a toda a plantilla

UGT e Sargadelos piden a suspensión do xuízo de conflito colectivo que tería que celebrarse hoxe para dirimir sobre o abono da terceira paga extra a toda a plantilla

Ambas as partes deciden abrir un proceso negociador sobre este tema

UGT-Galicia | miércoles, 10 de julio de 2019

UGT e a empresa Sargadelos veñen de pedir a suspensión do xuízo de conflito colectivo, que se tiña que celebrar hoxe no Xulgado do social número 1 de Lugo, relativo ao abono da terceira paga extra á totalidade dos traballadores e traballadoras da planta de Cervo.

Ambas as partes decidiron abrir un proceso negociador sobre este tema para intentar chegar a un acordo que, para UGT, pasa, necesariamente, polo cumprimento por parte da empresa da legalidade, é dicir, a aplicación a todos os traballadores e traballadoras por igual do convenio colectivo da fábrica de cerámica.

Lembrar que o pasado mes de agosto a dirección de Sargadelos procedeu ao despedimento de máis de 20 traballadores cando se puxo de manifesto que non se lles estaba aplicando o convenio colectivo en todos os seus termos, especialmente, en materia salarial porque aos empregados de nova contratación só lles estaban abonando dúas pagas extras, e non as tres que establece o convenio.

Precisamente, a esixencia da aplicación do convenio colectivo por igual a todos os traballadores e traballadoras foi o que levou a UGT a tomar a decisión de interpoñer un conflito colectivo, cuxa vista estaba fixada para hoxe pero que ambas partes, de común acordo, decidiron aprazar e que o xulgado comprometeuse a facelo por 60 días.

Para UGT-Galicia, o escrito presentado no xulgado de modo conxunto supón un primeiro paso, ao recoñecerse ambas partes como interlocutoras válidas, para retomar o camiño cara o diálogo que nunca debeu romperse.​

Noticias Relacionadas
VolverVolver
AFILIADOS y AFILIADAS ACCEDER
BUSCAR
REDES SOCIALES
Logo

Unión Xeral de Traballadores. Miguel Ferro Caaveiro12; 15707 SANTIAGO. Telf.: 981. 577. 171 Fax: 981. 599. 438   |   UGT é membro da CES e da CSI

[Aviso Legal] [Versión Móvil].