Omitir los comandos de cinta
Saltar al contenido principal
Inicio
AL DÍA >
NOTICIAS
Pepe Álvarez clausura en Ferrol a exposición "130 anos de loita e conquistas"

Pepe Álvarez clausura en Ferrol a exposición "130 anos de loita e conquistas"

Antes participou nunha ofrenda floral a Pablo Iglesias e nuha xuntanza en Navantia coas seccións sinicais de UGT

UGT-Galicia | miércoles, 26 de junio de 2019

​Hoxe, día 26 de xuño, o secretario xeral de UGT, Pepe Álvarez, clausurou en Ferrol (Exponav) a exposición "130 anos de loita e conquistas" que levaba aberta ao público no Museo da construción naval (Edificio Herrerías) dende o pasado 13 de xuño.

Neste acto de clausura tamén participaron os secretarios xerais de UGT-Ferrol, José Antonio Díaz; o secretario xeral de UGT-Galicia, José Antonio Gómez; e o xerente de Exponav, José María Cardona.

Antes disto, a primeira hora da mañá, os secretarios xerais de UGT, UGT-Galicia e UGT-Ferrol tamén participaron nunha ofrenda floral no Cantón de Molíns ante o monolito adicado a Pablo Iglesias.

De seguido, achegáronse ás instalacións de Navantia onde mantiveron unha xuntanza coas seccións sindicais de UGT nos dous centros da ría, Fene e Ferrol, e das propias auxiliares.

Lembrarque a exposición clausurada hoxe en Ferrol está a percorrer toda a xeografía española,incluídas varias cidades e vilas galegas, e enmárcanse dentro dosactos conmemorativos do 130 aniversario do Sindicato que arrancaron opasado 12 de agosto en Barcelona.

Amostra conta con 14 paneis históricos e 6 temáticos que recollen osperíodos máis significativos da longa traxectoria de UGT, repasandoos acontecementos de loita obreira e as reivindicacións por un mundomáis xusto que o Sindicato sempre defendeu. Inclúese finais doséculo XIX, a ditadura de Primo de Rivera, a II República, a GuerraCivil, a clandestinidade e o exilio pola ditadura franquista, achegada da democracia, a legalización do Sindicato, os anos 80 ealcánzanse os anos de desavenencias de principios dos 90. Aexposición finaliza coa etapa máis moderna, cos novos retossociais, as alternativas para saír da crise e a recuperación dedereitos laborais.  ​


Noticias Relacionadas
VolverVolver
AFILIADOS y AFILIADAS ACCEDER
BUSCAR
REDES SOCIALES
Logo

Unión Xeral de Traballadores. Miguel Ferro Caaveiro12; 15707 SANTIAGO. Telf.: 981. 577. 171 Fax: 981. 599. 438   |   UGT é membro da CES e da CSI

[Aviso Legal] [Versión Móvil].