Omitir los comandos de cinta
Saltar al contenido principal
Inicio
AL DÍA >
NOTICIAS
Milleiros de persoas saíron ás rúas galegas para reclamar que se mire ás necesidades das persoas e un cambio de políticas que fagan fronte ás necesidades sociais

Milleiros de persoas saíron ás rúas galegas para reclamar que se mire ás necesidades das persoas e un cambio de políticas que fagan fronte ás necesidades sociais

UGT-Galicia | miércoles, 1 de mayo de 2019

Milleiros de persoas, convocadas por UGT e CCOO, saíron ás rúas das cidades evilas galegas para celebrar este Primeiro de Maio. A cidadaníagalega demandou nesta data que “Primeiro as persoas” e a necesidade de que o novo Goberno acometa un cambio de políticas co obxecto de garantir máis dereitos, máis igualdade e máis cohesión.

Os secretarios xerais do S.N. de CCOO de Galicia e de UGT-Galicia, que participaron na manifestación da Coruña, consideran que chegou o momento de situar as persoas á cabeza de todo. Foron moitos anos de crise nos que os traballadores etraballadoras deste país foron as grandes vítimas dunha situaciónque non xeraron, con recortes e perda continua de dereitos. Agora chegou o momento de esixir que se restitúan estes dereitos e que as persoas sexan o centro de todas as políticas.

Chegou o momento de garantir o emprego de calidade e a derrogación das reformas laborais de 2010 e 2012, que tanto dano causaron. Urxe un modelo de relacións laborais máis democrático, moderno e eficiente que potencie a contratación indefinida e salarios dignos, o que esixe apostar polo diálogo social e devolverlle á negociación colectiva o seu papel central. Tamén hai que perseguir e sancionar todas a formas de precariedade e loitar contra a fraude nas plataformas dixitais, establecer un estatuto das prácticas non laborais, regular a subcontratación e duplicar a dotación para as políticas activas de emprego.

Non se pode esquecer que aínda hai en Galicia 153.900 persoas en situación de desemprego; no último ano rexistráronse 900 activos menos; 67.200 persoas desempregadas levan máis dun ano na procura dun posto de traballo, destes, 49.600 máisde dous anos.

As familias seguen a pasalo mal, hai 55.000 vivendas con todos os seus activos no paro e 27.000 sen perceptores de ingresos. Se na poboación en xeral a taxa de paro é do 12,47%, entre os menores de 25 anos sobe ata o 31,5%. Isto acompañado dunha taxa de temporalidade do 25,8%, do 27,3% entre as mulleres.

A precariedade é tal, denunciaron ambos secretarios xerais, que hai en Galicia 223.600 persoas cun contrato temporal e a taxa de parcialidade involuntaria é do 55,8%. E, apesar das grandes eivas do mercado laboral galego, a taxa de protección por desemprego non chega ao 60%.

Todo isto, denunciaron, debuxa unha sociedade na que xa se acuña o termo pobreza laboral e na que a taxa de pobreza e risco de exclusión social está xa nos 22,6 puntos. Resulta evidente que hai que adoptar medidas urxentes para reforzar o estado de benestar, para o que hai que recadar máis e dun xeito máis xusto.

Mellorar a situaciónla boral pasa necesariamente por un novo modelo produtivo sostible cun plan estratéxico para a industria; apoio ao I+D+i; mobilizar opotencial das áreas rurais; e moi importante para Galicia, pola situación que se está a vivir en determinadas empresas, buscar unha saída xusta ás tarifas eléctricas para as industrias electrointensivas que lles permita competir coas da súa contorna.

Recadar máis e dun xeito máis xusto a través dunha fiscalidade máis progresiva para soster o gasto público que é baixo en termos relativos. Este vai ser outro dos obxectivos que UGT e CCOO van loitar por situar na axenda do novo Goberno. Para isto, hai que impulsar unha reforma fiscal integral que reduza na próxima lexislatura á metade o diferencial de presión fiscal que temos respecto á UE: aumentando a tributación sobre o capital e sobre a renda do traballo dos salarios máis elevados; elevar a presión fiscal real do imposto de sociedades para as grandes empresas; acometer un plan de choque contra a fraude fiscal; e promover a nivel europeo a loita contra os paraísos fiscais.

Lembraron que o pasado 8 de marzo, como sucedeu o ano anterior, a sociedade volveu falar alto e claro. Xa está ben de discriminación entre homes e mulleres, chegou o momento da igualdade real e efectiva. Para isto, urxe reducir a brecha salarial (23 por cento en Galicia e o 37,1% das mulleres teñen ingresos iguales ou inferiores ao SMI), para o que hai que implantar unha Lei de igualdade salarial; incidir no eidoe ducativo; desenvolver a Lei orgánica para a igualdade efectiva entre homes e mulleres; propiciar a corresponsabilidade; desenvolver e implementar o pacto de estado contra a violencia de xénero; dotar de estruturas e recursos públicos suficientes que permitan a conciliación; e equiparar os permisos das e dos proxenitores e que estes sexan intransferibles.

Para impulsar as políticas sociais e de loita contra a pobreza, hai que implantar un solo de gasto social na Constitución que permita o mantemento de niveis de protección suficientes en sanidade, educación, vivenda, protección por desemprego, servizos sociais e pensións.

Neste Primeiro de Maio tamén se demandou que se garanta xa a viabilidade e suficiencia das pensións públicas, recuperando o Pacto de Toledo e o acordo social e político, derrogando a reforma de 2013, garantindo o financiamento suficiente e complementando a separación de fontes de financiamento.

Tamén chegou o momento de garantir uns servizos públicos de calidade para o que hai que incrementar recursos públicos en sanidade, educación, vivenda, protección social e axuda á dependencia. Neste contexto hai que demandar a aplicación real da Lei da dependencia e a derrogación da LOMCE e substituíla por unha lei educativa asentada nun pacto social e político pola educación.

O traballo de calidade tamén debe pasar por intensificar a loita contra a sinistralidade laboral e desenvolver un sistema que garanta a saúde integral dos traballadores. Porque a sinistralidade no traballo segue a ser neste país unha lacra que non cesa.



Noticias Relacionadas
VolverVolver
AFILIADOS y AFILIADAS ACCEDER
BUSCAR
REDES SOCIALES
Logo

Unión Xeral de Traballadores. Miguel Ferro Caaveiro12; 15707 SANTIAGO. Telf.: 981. 577. 171 Fax: 981. 599. 438   |   UGT é membro da CES e da CSI

[Aviso Legal] [Versión Móvil].