Omitir los comandos de cinta
Saltar al contenido principal
Inicio
AL DÍA >
NOTICIAS
UGT reanuda o servizo de información e asesoramento sociolaboral para inmigrantes no seu centro de Ourense

UGT reanuda o servizo de información e asesoramento sociolaboral para inmigrantes no seu centro de Ourense

UGT-Galicia | miércoles, 3 de abril de 2019

UGT-Galicia vén de reanudar o servizo do Centro de informacióne asesoramento sociolaboral para inmigrantes (CIASI) en Ourense cuxasaccións teñen como principal destinatario o colectivo deinmigrantes regulares de orixe non comunitario e que presenten unalto grado de vulnerabilidade, así como, inmigrantes que esteannunha situación de desemprego ou que desempeñen tarefas laborais encondicións precarias. Ademais, os traballos de información easesoramento tamén van dirixidos a inmigrantes que desexen melloraro seu nivel de empregabilidade.

O obxectivo final é acadar para os usuario do centro itinerarios deinserción laboral individualizados e, para elo, realízanse tarefasde orientación sociolaboral; aténdense consultas en materia deestranxeiría; dáse axuda para a homologación de titulacións; dáseinformación sobre os trámites a seguir para acceder ánacionalidade española; tamén se achegan actividades dealfabetización dixital, así como, cursos dirixidos a lograrcapacitacións profesionais que lles permitan aumentar as súasopcións de empregabilidade, así como outras consultas que osusuarios desexen realizar.

Neste contexto, dende o Centro infórmase que se continúa impartindoo curso de preparación para o exame de coñecementos constitucionaise socioculturais de España, requisito necesario para a obtención danacionalidade española.

O Centro está emprazado na sede de UGT-Ourense-Valdeorras-Verín, enParque de San Lázaro, número 12, planta baixa (Ourense) e o seuhorario de atención ao público é de luns a venres, de 9 a 12horas, e de luns a xoves, de 17 a 19.30 horas.

Este servizo, que desenvolve UGT-Galicia, atópase subvencionado polaDirección Xeral de Integración e Atención Humanitaria, dependentedo Ministerio de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social, e écofinanciado polo Fondo Social Europeo.​

Noticias Relacionadas
VolverVolver
AFILIADOS y AFILIADAS ACCEDER
BUSCAR
REDES SOCIALES
Logo

Unión Xeral de Traballadores. Miguel Ferro Caaveiro12; 15707 SANTIAGO. Telf.: 981. 577. 171 Fax: 981. 599. 438   |   UGT é membro da CES e da CSI

[Aviso Legal] [Versión Móvil].