Omitir los comandos de cinta
Saltar al contenido principal
Inicio
AL DÍA >
NOTICIAS
UGT e CCOO congratúlanse do “éxito” da folga e piden unha participación “masiva” na derradeira quenda e nas manifestacións

UGT e CCOO congratúlanse do “éxito” da folga e piden unha participación “masiva” na derradeira quenda e nas manifestacións

8M de 2019, outro día máis para sumar á historia da loita pola igualdade e contra a discriminación

UGT-Galicia | viernes, 8 de marzo de 2019

O S.N. de CCOO de Galicia e UGT-Galicia congratúlanse do “éxito” da folga convocada hoxe. O seguimento foi masivo, especialmente en grandes empresas e administracións públicas. Polo de agora, non houbo incidentes salientables. Ambos sindicatos piden que a participación tamén sexa “masiva” na derradeira quenda da folga, así como nas manifestacións convocadas polo movemento feminista galego para este serán.

Para UGT e CCOO, o “apoio maioritario” da sociedade galega a esta convocatoria é a proba de que as reivindicacións do sindicalismo de clase, compartidas polo movemento feminista, son tamén maioritarias entre os galegos e as galegas: cómpre denunciar e desterrar a brecha salarial, a precariedade laboral das mulleres e o acoso e a violencia de xénero.

CCOO e UGT coidan que a data de hoxe é “histórica”, como xa sucedeu o ano pasado. O apoio á folga amosa o total rexeitamento da sociedade galega á situación que padecen as mulleres do noso país. As reformas laborais impostas, os recortes e as medidas de austeridade non fixeron máis que incidir nas desigualdades, denuncian as dirixentes sindicais.

Ambos sindicatos denuncian a “discriminación laboral e salarial” das traballadoras galegas: a igual formación, os homes acadan maiores taxas de ocupación en todos os niveis formativos. Ademais, a brecha salarial é de 23 puntos. Tamén critican a existencia dun “teito de cristal” que provoca que só o 2,3 % da poboación ocupada feminina estea en postos de dirección ou xerencia.

Contra a precariedade que sofre a muller no eido laboral

Ademais, denuncian a precariedade que sofren as mulleres galegas no eido laboral, moito máis incisiva que no caso dos homes. Así, a taxa de temporalidade feminina é de 27,5 puntos, fronte aos 25,6 puntos que soportan os homes e, ademais, as diferenzas increméntanse nestes últimos anos. A taxa de desemprego feminina supera en 2 puntos á masculina e a súa diferenza increméntase dende o ano 2012. O 89,5 por cento das persoas que non acceden ao mercado laboral por ter que coidar menores, persoas adultas enfermas ou dependentes son mulleres. A porcentaxe de mulleres ocupadas a tempo parcial ascende ao 77,4%, fronte ao 22,6% dos homes que traballan baixo esta modalidade. O 76,4 por cento das reducións de xornada seguen a ser solicitadas por mulleres e a brecha das pensións é de 36,3 puntos.

A insoportable violencia machista que inclúe o acoso en todas as súas formas

Ademais da situación laboral, as mulleres son vítimas da insoportable violencia machista que inclúe o acoso en todas as súas formas. Urxen xa medidas reais e efectivas que combatan esta lacra que afecta á nosa sociedade de xeito crecente.

Tamén hai que lembrar a situación de acoso sexual nos centros de traballo. Aínda que a lei protexe contra estas situacións, as denuncias son poucas polas dificultades probatorias ou polos medos a perder o emprego, lamentamos.











Noticias Relacionadas
VolverVolver
AFILIADOS y AFILIADAS ACCEDER
BUSCAR
REDES SOCIALES
Logo

Unión Xeral de Traballadores. Miguel Ferro Caaveiro12; 15707 SANTIAGO. Telf.: 981. 577. 171 Fax: 981. 599. 438   |   UGT é membro da CES e da CSI

[Aviso Legal] [Versión Móvil].