Omitir los comandos de cinta
Saltar al contenido principal
Inicio
AL DÍA >
NOTICIAS
UGT e CCOO convocamos folga xeral para o 8 de marzo, día internacional da muller

UGT e CCOO convocamos folga xeral para o 8 de marzo, día internacional da muller

UGT-Galicia | jueves, 28 de febrero de 2019

UGT e CCOO convocamos ante un novo 8 de Marzo, unha folga xeral, porque ante a situación que estamos a vivir, é fundamental seguir visibilizando, reivindicando e loitando contra as fendas e discriminacións que, por razón de xénero, seguen a existir en todos os eidos da vida, e particularmente no mercado laboral en Galicia, así como pola urxencia de dar resposta ás demandas e as necesidades das traballadoras.

Estamos nun momento en que a igualdade de trato e de oportunidades e os dereitos das mulleres están a ser atacados polo rexurdimento de pensamentos reaccionarios, cuxo obxectivo é eliminar os avances acadados. Ante esta situación, consideramos que nos atopamos nun momento decisivo, porque as violencias machistas non cesan e son necesarios avances no marco do diálogo social e impulsar a negociación colectiva para poñer en marcha medidas e plans de igualdade, para acabar coas fendas de xénero (en especial, a salarial), para poder exercer a corresponsabilidade nos coidados, para unha educación igualitaria e feminista e para avanzar na representación paritaria. Á vista desta situación, convocamos folga xeral o próximo 8 de marzo e reivindicamos:

  • Medidas efectivas para eliminar as brechas laborais de xénero, en especial a brecha salarial e a precariedade no emprego.

  • Medidas efectivas para a corresponsabilidade e servizos públicos de calidade de conciliación, para que os coidados se repartan equitativamente entre mulleres, homes, a sociedade e o Estado.

  • Dignificar o traballo doméstico e equiparalo laboralmente.

  • Acabar coa segregación laboral e a desvalorización social dos sectores feminizados.

  • Conseguir un sistema de protección social igualitario que garanta a equidade en condicións de vida das mulleres.

  • Previr a feminización da pobreza, lograr unha Renda Mínima Garantida e melloras do SMI e dos soldos, acabando coa brecha salarial nas pensións.

  • Lograr a igualdade en recoñecemento e representación.

  • Lograr unha educación igualitaria, feminista, de calidade, libre de lgtbfobia, que eduque en corresponsabilidade, sen segregación académico-laboral, que utilice unha linguaxe inclusiva e igualitaria.

  • Por un consumo respectuoso e sustentable, que non supoña custos ambientais á sociedade, cuns modos de produción que respecten dereitos e condicións laborais.

  • Políticas de igualdade eficaces, con estruturas estables e do máis alto rango na xerarquía institucional, con recursos suficientes, persoal cualificado, programas realistas, e con orzamentos proporcionais á magnitude dos problemas que enfrontan.

  • Partidas orzamentarias suficientes nos PGE destinadas aos programas de igualdade e contra a violencia de xénero, atendendo ás recomendacións do informe do CEDAW e as obrigas do Convenio do Consello de Europa sobre prevención da violencia contra as mulleres (Istambul 2011).

Condenamos todas as formas de violencia machista, cuxa expresión máis brutal, repulsiva e intolerable son os asasinatos das mulleres polo feito de ser mulleres; as agresións sexuais; o acoso sexual e o acoso por razón de sexo, que de forma cotiá sofren mulleres e nenas; así como todas aqueloutras formas de violencia contra as mulleres en todos os ámbitos, no fogar, na rúa e no traballo.

Condenamos todas as formas de desigualdade e discriminación que padecen as mulleres: no acceso ao emprego, na segregación ocupacional, nas condicións laborais (maior precariedade, desigualdade salarial, a perpetuidade de medidas ineficaces que non garanten a corresponsabilidade e a conciliación); a ausencia de recoñecemento do traballo non remunerado e remunerado e a carencia dun sistema de protección social igualitario.

Por iso, este 8 de Marzo sumaremos forza sindical nunha xornada de mobilización masiva, reivindicativa e de confluencia civil e social, mediante unha folga con vontade inclusiva, solidaria e feminista.

Por estes motivos facemos un chamamento as traballadoras e traballadores a secundar a convocatoria de folga e a participar activamente nos actos, mobilizacións e manifestacións convocadas con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora.​

Noticias Relacionadas
VolverVolver
AFILIADOS y AFILIADAS ACCEDER
BUSCAR
REDES SOCIALES
Logo

Unión Xeral de Traballadores. Miguel Ferro Caaveiro12; 15707 SANTIAGO. Telf.: 981. 577. 171 Fax: 981. 599. 438   |   UGT é membro da CES e da CSI

[Aviso Legal] [Versión Móvil].