Omitir los comandos de cinta
Saltar al contenido principal
Inicio
AL DÍA >
NOTICIAS
8 de marzo, Día internacional da muller

8 de marzo, Día internacional da muller

Nin máis, nin menos, igual

| viernes, 22 de febrero de 2019

​UGT-Galicia celebra, como todos os anos, o 8 de marzo, Día internacional da muller, que este ano conmemórase baixo o lema "Nin máis, nin menos, igual".

Neste data, o Sindicato fai un chamamento a toda a cidadanía a participar na folga xeral de, polo menos, dúas horas por quenda convocada, como xa se fixo o ano pasado.

Os obxectivos que persegue o sindicato coa convocatoria desta xornada de loita son, entre outros:

*A consecución da igualdade efectiva entre mulleres e homes e a plena equiparación de dereitos das mulleres na nosa sociedade.

*Loitar contra a desigualdade e todas as formas de discriminación que sofren as mulleres no ámbito familiar, social, político e económico, así como para entrar ao mercado laboral e unha vez dentro.

 *Combater, moi en particular, o rexeitamento á brecha salarial que en Galicia é do 23% do salario e supón que no noso país as mulleres cobren ao ano preto de 6.000 euros menos que os homes.  

 *Rexeitar a  cronificación do desemprego feminino e a elevada  parcialidade –tres de cada catro xornadas a tempo parcial son desenvoltas por mulleres-,  e precariedade dos empregos desempeñados por mulleres, así como a segregación ocupacional, a ausencia de medidas eficaces que garantan a conciliación e a corresponsabilidade da vida persoal, laboral e familiar ou a ausencia dun sistema de protección social igualitario.

 *Condenar e combater todas as formas de violencia machista en todos os ámbitos e a insuficiencia de medidas en todos os ámbitos –con especial consideración ao laboral- para a protección das vítimas da violencia de xénero.

 *Rexeitar as políticas de igualdade de xénero do Goberno.


Noticias Relacionadas
VolverVolver
AFILIADOS y AFILIADAS ACCEDER
BUSCAR
REDES SOCIALES
Logo

Unión Xeral de Traballadores. Miguel Ferro Caaveiro12; 15707 SANTIAGO. Telf.: 981. 577. 171 Fax: 981. 599. 438   |   UGT é membro da CES e da CSI

[Aviso Legal] [Versión Móvil].