Omitir los comandos de cinta
Saltar al contenido principal
Inicio
AL DÍA >
NOTICIAS
UGT inaugurou en Santiago a exposición itinerante “130 anos de loitas e conquistas” que está a recorrer toda España

UGT inaugurou en Santiago a exposición itinerante “130 anos de loitas e conquistas” que está a recorrer toda España

UGT-Galicia | martes, 19 de febrero de 2019

UGT inaugurou este mércores en Santiago, no Centro sociocultural do Ensanche, a exposición itinerante “130 anos de loitae conquistas”que está a recorrer todas as provincias españolas dentro dos actos conmemorativos do 130 aniversario do Sindicato que arrancaron o pasado 12 de agosto en Barcelona cun acto que reuniu a cadros e delegados de UGT de toda España.

No acto de inauguración interviñeron a secretaria xeral de UGT-Compostela-Barbanza, Inmaculada Sieiro; o secretario xeral de UGT-Galicia, José Antonio Gómez; o alcalde de Santiago, MartiñoNoriega; Luís Toxo, afiliado histórico de UGT; e o presidente da Fundación Luís Tilve, José Benito Núñez.

Esta exposición permanecerá en Santiago do 20 de febreiro ao 18 de xuño e terá un carácter itinerante, recorrendo os distintos centros socioculturais do Concello co fin de que toda a cidadanía compostelá se poida achegar e coñecela. Concretamente, no centro sociocultural do Ensanche estará do 20 de febreiro ao 4 de marzo. Do 5 ao 25 de marzo a exposición estará no Centro sociocultural de Santa Marta; do 26 de marzo ao 16 de abril, no de José Saramago en Vite; do 23 de abril ao 16 de maio no de Fontiñas; e, para rematar, do 28 de maio ao 18 de xuño no Centro sociocultural do Castiñeiriño.

Así, con esta exposición, continúan os actos en Galicia conmemorativos deste 130 aniversario da UGT que se abriron en Ourense e Vigo con esta mesma exposición.

130 anos de loitae conquistas”é unha exposición itinerante que, con motivo da efeméride que se conmemora, está a recorrer xa dende o ano pasado as provincias de España. Unha exposición composta por 20 paneis, 14 deles de carácter histórico e 6 temáticos.

Trátase de repasar os 130 anos de loita obreira nos que UGT estivo sempre ao carón dos traballadores e traballadoras.

En agosto de 1888 ten lugar un acontecemento fundamental da historia do movemento obreiro español: fúndase en Barcelona a Unión Xeral deTraballadores, creada para a defensa dos dereitos e a mellora das condicións de vida da clase traballadora.

A exposición que mañá se inaugura en Santiago recolle os períodos máis significativos desta longa traxectoria repasando os 130 anos de loita obreira e reivindicación dun mundo máis xusto. Os visitantes poderán atopar as datas e eventos máis importantes destes 130 anos.

Repásanse os principais logros do Sindicato nos anos de protestas, baixo a ditadura de Primo de Rivera, durante a chegada da II República, durante a Guerra Civil, na época da clandestinidade e o exilio de UGT pola dictadura franquista. Prosigue coa chegada da democracia e a legalización do Sindicato, cos anos 80 nos que se converte en primeira forza sindical e alcánzanse os anos de desavenencias de principios dos 90. A exposición finaliza coa etapa máis moderna, cos novos retos sociais, as alternativas para saír da crise e a recuperación de dereitos laborais.









Noticias Relacionadas
VolverVolver
AFILIADOS y AFILIADAS ACCEDER
BUSCAR
REDES SOCIALES
Logo

Unión Xeral de Traballadores. Miguel Ferro Caaveiro12; 15707 SANTIAGO. Telf.: 981. 577. 171 Fax: 981. 599. 438   |   UGT é membro da CES e da CSI

[Aviso Legal] [Versión Móvil].