Omitir los comandos de cinta
Saltar al contenido principal
Inicio
AL DÍA >
NOTICIAS
Multitudinaria manifestación para denunciar a persecución sindical en Sargadelos

Multitudinaria manifestación para denunciar a persecución sindical en Sargadelos

UGT-Galicia | viernes, 23 de noviembre de 2018

Unha delegación de UGT, encabezada polo Secretario Xeral, PepeÁlvarez, e o secretario xeral de UGT-Galicia, José Antonio Gómez,participou no día de hoxe na multitudinaria manifestación contra apersecución sindical e en solidariedade con Rogelia Mariña e ostraballadores despedidos en Sargadelos (Lugo). Unha manifestación“para mostrar o noso apoio total a Rogelia, a todos os compañeirose compañeiras que defenden a UGT e a todos os traballadores etraballadoras que ven menoscabados os seus dereitos laborais esindicais”.

“Hoxe todos somos Rogelia, pero mañá tamén, e pasado. Nonestades sós, UGT vai estar sempre ao voso lado”. Rogelia é unexemplo de sindicalismo, de loita e de defensa das compañeiras ecompañeiros. É lamentable que teñamos que dicir que unha persoacomo Rogelia, por cumprir coa súa obrigación como delegada depersoal e manterse firme ante as presións dun empresario, fosecoaccionada e represaliada na súa empresa”.

“Unha muller que entrou a traballar en Sargadelos con 14 anos,que o seu pai perdeu a vida na fábrica nun accidente, que leva 44anos traballando na empresa (30 deles como delegada sindical), e, naetapa anterior, foi proposta para formar parte do Consello deAdministración”. “É unha historia triste e vergoñosa que rompecunha traxectoria histórica en Sargadelos”. Unha historia quexorde cando UGT denunciou este verán a campaña de difamacióncontra a representante do sindicato na empresa, “un dos ataques áliberdade sindical máis descarado dos últimos anos, só pordefender aos traballadores e esixir o cumprimento do conveniocolectivo en todos os seus termos e condicións”.

Neste sentido, UGT denuncia que, “agora, como o despedimento deRogelia foi considerado nulo polo xulgado do social e obrígase áempresa para indemnizala con 30.000 euros por danos morais, oadministrador único a ameaza e a coacciona non só a ela, senón atodos os traballadores e traballadoras da empresa para que a deixende lado”.

En pleno século XXI, non podemos permitir que existanadministradores únicos, directivos de empresas, xefes de persoal,etc. que crean que poden pisar os dereitos fundamentais detraballadores e traballadoras, e dos seus representantes”. Por iso,“UGT non se vai a quedar calada ante estas inxustizas. Estamos autilizar todos os medios legais, xudiciais e sindicais para acabarcon esta situación. Imos empregar toda a firmeza que estamos a poñersobre a mesa para eliminar o artigo 315.3 do Código penal ata queconsigamos asegurar a viabilidade da planta, que se restitúan osdereitos de Rogelia e de todos os compañeiros e compañeiras deSargadelos”.

“Que estean tranquilos os traballadores de Sargadelos”. “SeUGT cobra algunha indemnización vai ir a parar os traballadoresdespedidos, que foron obxecto das represalias deste individuo. Ofuturo de Galicia non se vai a facer con salarios de miseria ninvulnerando os dereitos sindicais, farase con calidade, mantendo unhamarca como Sargadelos que forma parte do patrimonio cultural deGalicia”.​

Noticias Relacionadas
VolverVolver
AFILIADOS y AFILIADAS ACCEDER
BUSCAR
REDES SOCIALES
Logo

Unión Xeral de Traballadores. Miguel Ferro Caaveiro12; 15707 SANTIAGO. Telf.: 981. 577. 171 Fax: 981. 599. 438   |   UGT é membro da CES e da CSI

[Aviso Legal] [Versión Móvil].