Omitir los comandos de cinta
Saltar al contenido principal
Inicio
AL DÍA >
NOTICIAS
A debilidade do sistema reflíctese con emprego temporal, estacional e precario

A debilidade do sistema reflíctese con emprego temporal, estacional e precario

103.484 contratos nun mes dan idea da alta rotación e precariedade no mercado laboral galego, sobre todo, se se ten en conta que tan só o 9,71% da contratación é indefinida

UGT-Galicia | lunes, 5 de noviembre de 2018

Os datos do paro publicados hoxe polo Servizo Público de Emprego, correspondentes ao mes de outubro, amosan que o número de desempregados acadou as 169.744 persoas en Galicia, con 3.424 persoas máis que no mes anterior (un 2,1%, fronte ao 1,63% do resto do Estado), o que amosa que outubro é, como é habitual, un mes desfavorable para o emprego, debido a que finaliza a temporada vacacional. No ano o desemprego baixou un 8,7% (16.159 persoas menos).

Estes datos reflicten, para UGT-Galicia, a debilidade do sistema produtivo, baseado en actividades estacionais, moi ligadas ao trimestre do verán.

Tampouco se pode esquecer que, detrás do aumento da ocupación (23.294 afiliados máis nun ano), séguese atopando un elevado nivel de emprego precario, temporal e parcial, só o 9,71% dos contratos foron indefinidos.

Precariedade no emprego pero tamén no desemprego

Para UGT-Galicia, resulta prioritario reforzar a protección das persoas, mellorando a cobertura das prestacións por desemprego. Así, a taxa de cobertura sitúase no 52% en Galicia, fronte ao 56,6% estatal, ofrece protección a 78.734 traballadores e deixa fóra do sistema a 87.586 persoas, tendo en conta tanto aos que teñen dereito a cobertura como aos que non o xeraron previamente.

Pero é que tan só 35.373 persoas son beneficiarias dunha prestación por desemprego de carácter contributivo, tan só o 45% do total, o que indica unha gran precariedade na cobertura por desemprego, e cun importe medio de 785,5 euros ao mes. A gran maioría da cobertura dos desempregados é de carácter asistencial, ben sexa un subsidio (34.754), renda activa de inserción (7.947 persoas) ou programa de activación de emprego (660 persoas).

Urxe o deseño dun verdadeiro plan de choque polo emprego, acordado entre o Goberno e os interlocutores sociais, con recursos adicionais para as políticas activas de emprego, porque é moi necesario mellorar a empregabilidade e inserción das persoas desempregadas, sobre todo, dos máis mozos e os maiores de 50 anos.

Ademais, nun marco máis amplo, resulta fundamental mellorar a calidade no emprego e das rendas do traballo, nun contexto de avance das cifras macroeconómicas, para lograr un crecemento equilibrado e sostible.

Afondando máis nas cifras feitas públicas hoxe, por sexos, no mes de outubro deuse unha peor evolución do desemprego entre os homes, onde medrou nun 3,4%, fronte ao 1,12% no caso das mulleres. Aínda así, a brecha no desemprego segue a está aí, o 58,2% do total das persoas desempregadas en Galicia son mulleres, 71.014 homes, fronte a 98.730 mulleres.

Entre os menores de 25 anos o desemprego medou no mes nun 7,55%, evolución moito máis acusada que no conxunto de idades.

Por sectores, o paro medrou considerablemente no primario (15,47%); en servizos (2,27%) e na industria (1,11%). Pola contra, caeu na construción (0,98%) e no colectivo de sen emprego anterior (0,22%). En termos anuais baixou en todas as actividades.

En relación á contratación, destaca que só no mes de outubro asináronse en Galicia 103.484 contratos, unha cifra certamente elevada para as dimensións do mercado laboral pero que, como ten sucedido outros meses, amosa unha alta rotación na contratación e unha escasa consolidación destes máis de 100.000 contratos. Así, a contratación medrou no mes nun 6,89%. Pero é que a contratación temporal medrou nun 7,5% e a indefinida tan só nun 1,56%. A porcentaxe de contratación indefinida é de tan só 9,71 puntos e, aínda así, é máis elevada que no resto dos meses porque a contratación temporal trala temporada de verán diminúe tanto que distorsiona calquera estatística.

O número total de persoas afiliadas/cotizantes á Seguridade Social é de 1.013.198 no mes, caendo en 690, evolución contraria ao resto do Estado onde medrou. Galicia aínda está moi afastada dos niveis de cotizantes previos á crise e cun claro acento de estacionalidade e temporalidade.

NOTA: O VOCEIRO DESTE TEMA É JOSÉ CARLOS RODRÍGUEZ DEL RÍO, SECRETARIO DE POLÍTICA INSTITUCIONAL DE UGT-GALICIA. TELÉFONO: 658774009.





GALICIA

Outubro 2018

VARIACIÓN SOBRE

Mes anterior

Mesmo mes ano anterior

%

%

DESEMPREGO

Nº desempregados rexistrados

169.744

3.424

2,1

-16.159

-8,7

* homes

71.014

2.330

3,4

-8.560

-10,8

* mulleres

98.730

1.094

1,1

-7.599

-7,1

Nº parados mozos < 25 anos

8.756

615

7,6

-908

-9,4

Nº desempregados por sectores*

 

 

 

 

 

* agricultura

6.075

814

15,5

-627

-9,4

* industria

18.940

207

1,1

-2.533

-11,8

* construción

13.841

-137

-1,0

-3.237

-19,0

* servizos

115.892

2.573

2,3

-8.413

-6,8

* sen emprego anterior

14.996

-33

-0,2

-1.349

-8,3

Beneficiarios prestación por desemprego (setembro)

78.734

 

Taxa de cobertura prestación por desemprego (setembro)

52,04

Parados totais sen ningún tipo de prestación (setembro)

87.586

CONTRATACIÓN

 

 

 

 

 

Nº contratos

103.484

6.666

6,9

8.614

9,1

Nº contratos indefinidos (inclúe transformación de contratos en indefinidos)

10.053

154

1,6

2.096

26,3

Nº contratos temporais

93.431

6.512

7,5

6.518

7,5

AFILIACÍON Á SEGURIDADE SOCIAL

 

 

 

 

Nº afiliados/cotizantes (datos provisionais)

1.013.198

-690

-0,1

23.294

2,4

Fonte: Gabinete Económico Comisión Executiva UGT Galicia, a partir dos datos do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social






Noticias Relacionadas
VolverVolver
AFILIADOS y AFILIADAS ACCEDER
BUSCAR
REDES SOCIALES
Logo

Unión Xeral de Traballadores. Miguel Ferro Caaveiro12; 15707 SANTIAGO. Telf.: 981. 577. 171 Fax: 981. 599. 438   |   UGT é membro da CES e da CSI

[Aviso Legal] [Versión Móvil].