Omitir los comandos de cinta
Saltar al contenido principal
Inicio
AL DÍA >
NOTICIAS
Emprego e precariedade camiñan da man

Emprego e precariedade camiñan da man

UGT-Galicia reclama a derrogación das reformas laborais e uns Orzamentos que deseñen un plan de choque polo emprego digno e de calidade

UGT-Galicia | jueves, 25 de octubre de 2018

Un trimestre máis, os datos da EPA amosan que, aínda que baixa o paro, o emprego que se crea ten un carácter marcadamente estacional, precario e en moitos casos parcial. Por isto, UGT-Galicia considera que chegou o momento de que as administracións, o Goberno central e a Xunta, encaren o problema do emprego xa non só dende unha perspectiva cuantitativa, senón dende un punto de visto cualitativo. Urxe apostar por emprego digno e de calidade para todos, que permita aos traballadores e ás súas familias vivir nunhas condicións dignas.

Para abrir este camiño, urxe a derrogación das reformas laborais impostas, tanto a de 2010 como a de 2012, e a implantación e desenvolvemento inmediato de medidas que persigan a temporalidade inxustificada, o “tempo parcial ficticio”, os “falsos autónomos”, as horas extras non pagadas e as desigualdades no traballo.

Tampouco se está a corrixir o problema do paro estrutural. En Galicia hai 74.200 persoas desempregadas que levan máis dun ano na procura de emprego e 53.500 que xa levan dous anos.

Por todo elo, UGT-Galicia insiste na necesidade de deseñar uns Orzamentos para o 2019 que prevean un auténtico plan de choque polo emprego, que contemplen políticas activas de emprego dende o público, así como a mellora da protección das persoas, tendo como obxectivo a creación de emprego de calidade e con dereitos. Todo elo é necesario para que se encare unha recuperación sostible, para todos e permitindo a diminución dos niveis de desigualdade e pobreza.

As cifras ofrecidas hoxe pola EPA apuntan a un aumento da ocupación en Galicia do 1,92%, 20.700 persoas ocupadas máis no trimestre. En relación ao mesmo trimestre do ano anterior, a ocupación medra nun 2,23%.

Así, en Galicia as cifras de ocupación sitúanse en 1.096.500 persoas, no 47%, unha porcentaxe aínda afastada dos valores superiores ao 50% que se rexistraban antes da crise.

Menor dinamismo do mercado laboral galego

O paro cae no terceiro trimestre de 2018, en relación ao anterior, en 22.100 persoas, no 12,6%. No ano a baixada é do 15,82%. Hai 153.000 persoas desempregadas en Galicia e a taxa de desemprego sitúase no 12,2% en Galicia e no 14,55% no resto do Estado. Non significa isto que o mercado laboral galego teña un mellor comportamento, senón que rexistra un menor dinamismo porque está inmerso nun profundo cambio estrutural pola caída poboacional e, especialmente, da poboación activa.

74.200 persoas levan máis dun ano no paro e 53.500 máis de dous

Hai 74.200 persoas desempregadas que levan máis dun ano na procura do emprego e, destes, 53.500 levan máis de dous anos.

No ano Galicia perde 6.500 persoas maiores de 16 anos

Aínda que as cifras de desemprego son as propias do trimestre, polo valor estacional das contratacións estivais, tamén é certo que de xeito estrutural constátase a persistencia da diminución da poboación de 16 ou máis anos, no ano en 6.500 persoas, cada vez hai menos poboación. Galicia ten un grave problema demográfico.

53.000 vivendas teñen a todos os activos no paro e en 32.200 non hai perceptores de ingresos

En relación á situación das familias, a EPA indica que as vivendas nas que todos os activos están no paro son en Galicia 53.000 e en 32.200 non hai perceptores de ingresos. Valores insostibles se se comparan cos rexistrados no terceiro trimestre de 2009, 44.800 e 19.700, respectivamente.

A estacionalidade do mercado laboral galego constátase na evolución da ocupación por sectores. No trimestre aumenta nos servizos, 2,4%, e no primario, o 9,5%. Pero cae na industria e na construción.

Con respecto a hai un ano, prodúcese un forte aumento nos servizos, do 5,3%, 39.500 ocupados máis. Pero cae no primario, o 10,22%; na industria, o 4,84%; e medra na construción o 1,5%.

Mulleres e persoas mozas, as máis prexudicadas

Por xénero, de novo constátase a peor situación das mulleres. A taxa de paro entre os homes en Galicia é do 11,1% e do 13,4% no caso das mulleres. E os menores de 25 anos soportan taxas de paro xa do 30,5%.

A taxa de temporalidade é xa de 26,8 puntos e a de imparcialidade involuntaria de 56,6

Como consecuencia da inestabilidade do mercado laboral imposto e das reformas laborais, a taxa de temporalidade está de novo en valores moi elevados, en 26,8 puntos.

E, os contratos temporais son cada vez máis precarios. Do total dos 235.400 asalariados que hai en Galicia con contrato temporal, 2.800 asinan contratos de tan só un día e 11.100 de menos dun mes.

A parcialidade tamén é outra característica do mercado laboral galego que xa afecta ao 12,7% dos ocupados, 139.500 persoas. Pero é que deste total, o 56,6%, 79.000 persoas, teñen un contrato a tempo parcial porque non atopan algo mellor, é dicir, trátase dunha imparcialidade involuntaria.



Taxa de temporalidade

Total

Homes

Mulleres

2013/III

24,38

23,45

25,32

2014/III

24,55

25,18

23,90

2015/III

27,49

26,47

28,53

2016/III

27,40

25,56

29,34

2017/III

28,13

26,80

29,49

2018/III

26,77

26,55

26,98



­











Asalariados con contrato ou relación laboral temporal por duración do contrato

Miles de persoas

2018/III

Total

235,4

1 día

2,8

De 2 días a menos de 1 mes

8,3

De 1 a 3 meses

36,1

De 4 a 6 meses

37,3

De 7 a 11 meses

7,4

De 1 ano a menos de 2 anos

23

De 2 anos a menos de 3 anos

2

3 anos ou máis

10,3

Non sabe pero menos de 1 mes

3,5

Non sabe pero máis de 1 mes

90

Non sabe a duración

14,6





 

2018

/IIIT
miles

Variación

 

trimestre anterior

mesmo trimestre ano anterior

 

%

%

Poboación de 16 e máis anos

2.333,4

-0,1

0,0

-6,5

-0,3

Inactivos

1.084,0

1,3

0,1

-1,6

-0,1

Homes

469,3

-5,3

-1,1

0,3

0,1

Mulleres

614,7

6,6

1,1

-1,9

-0,3

Activos

1.249,4

-1,4

-0,1

-4,8

-0,4

Homes

646,7

5,3

0,8

-3,9

-0,6

Mulleres

602,8

-6,6

-1,1

-0,9

-0,1

Ocupados

1.096,5

20,7

1,9

24,0

2,2

Homes

574,7

15,5

2,8

10,3

1,8

Mulleres

521,8

5,2

1,0

13,7

2,7

Taxa parcialidade

12,7

-1,1

 

-0,2

 

%Parcialidade involuntaria

56,6

0,9

 

-8,2

 

Asalariados

879,5

14,2

1,6

31,6

3,7

Con contrato indefinido

644,1

11,1

1,8

34,7

5,7

Homes

328,6

6,7

2,1

12,3

3,9

Mulleres

315,5

4,3

1,4

22,4

7,6

Con contrato temporal

235,4

3,1

1,3

-3,1

-1,3

Homes

118,8

5,2

4,6

3,0

2,6

Mulleres

116,6

-2,0

-1,7

-6,0

-4,9

Parados

153,0

-22,0

-12,6

-28,7

-15,8

Homes

72,0

-10,3

-12,5

-14,2

-16,5

Mulleres

81,0

-11,8

-12,7

-14,6

-15,3

Menores 25 anos

18,9

-0,4

-2,1

-2,9

-13,3

Nº ocupados por sectores

 

 

 

 

 

Agricultura

70,3

6,1

9,5

-8,0

-10,2

Industria

167,0

-2,4

-1,4

-8,5

-4,8

Construción

67,5

-1,3

-1,9

1,0

1,5

Servizos

791,7

18,2

2,4

39,5

5,3

Fogares

 

 

 

 

 

Vivendas sen perceptores de ingresos

32,2

-1,70

-5,0

-1,40

-4,2

Vivendas familiares con polo menos un activo e nas que todos os activos son parados

53,0

-7,60

-12,5

-8,70

-14,1

 

 

 

 

 

 


%

2018/III

2018/II

2017/III

 

 


Taxa actividade

53,5

53,6

53,6

 

 


Homes

57,9

57,5

58,1

 

 


Mulleres

49,5

50,1

49,5

 

 


Taxa ocupación

47,0

46,1

45,8

 

 


Homes

51,5

50,1

50,4

 

 


Mulleres

42,9

42,4

41,6

 

 


Taxa desemprego

12,2

14,0

14,5

 

 


Homes

11,1

12,8

13,2

 

 


Mulleres

13,4

15,2

15,8

 

 


Menores de 25 anos

30,5

33,3

32,6

 

 


Taxa temporalidade

26,8

26,8

28,1

 

 


Homes

26,6

26,1

26,8

 

 


Mulleres

27,0

27,6

29,5

 

 











Noticias Relacionadas
VolverVolver
AFILIADOS y AFILIADAS ACCEDER
BUSCAR
REDES SOCIALES
Logo

Unión Xeral de Traballadores. Miguel Ferro Caaveiro12; 15707 SANTIAGO. Telf.: 981. 577. 171 Fax: 981. 599. 438   |   UGT é membro da CES e da CSI

[Aviso Legal] [Versión Móvil].