Omitir los comandos de cinta
Saltar al contenido principal
Inicio
AL DÍA >
NOTICIAS
Cambiar as políticas para crear emprego de calidade

Cambiar as políticas para crear emprego de calidade

O mercado laboral galego non consegue asentar a súa mellora e segue marcado pola estacionalidade

UGT-Galicia | martes, 2 de octubre de 2018

Aumenta o paro en Galicia, como no resto do Estado, aínda que dun xeito máis acusado nesta Comunidade e todos os indicadores apuntan a un mercado laboral que, a pesar da mellora da economía en termos xerais, non consegue estabilizarse e está moi marcado por condicionantes estacionais. Para UGT-Galicia, nesta conxuntura urxe un xiro das políticas económicas e sociais, así, os obxectivos prioritarios das políticas de emprego e tanto dos Orzamentos Xerais do Estado como dos Orzamentos da Xunta para o 2019 deben ser máis emprego de calidade, combatendo o paro de longa duración e a precariedade laboral.

Neste senso, resulta imprescindible que, de xeito inmediato, se atenda a cuestións tan prioritarias como:

  • As prestacións por desemprego, aumentando o grado de protección, tanto a nivel contributivo como asistencial. A taxa de cobertura en Galicia sitúase no 54,4%, fronte ao 61% do resto do Estado, polo que aínda existe risco de pobreza e exclusión para boa parte das familias.

  • As políticas activas de emprego non poden estar orientadas exclusivamente a subvencionar ao sector privado, mediante bonificacións ás empresas para a contratación. Para UGT-Galicia, é necesario poñer en marcha medidas de creación de emprego con recursos adicionais para mellorar a empregabilidade e lograr a inserción permanente dos desempregados, especialmente, dos colectivos con maiores dificultades de acceso ao emprego (parados de longa duración, mozos, maiores de 45 anos…).

  • Loitar contra a contratación temporal e a tempo parcial inxustificadas (só un 10,22% dos contratos asinados en setembro foron indefinidos), xa que, xunto á moderación salarial, están conducindo á economía e á sociedade cara un modelo de desenvolvemento desequilibrado que impide a recuperación das familias e da economía. A mellora da calidade no emprego e das rendas do traballo, no marco da sinatura do IV Acordo para o Emprego e a Negociación Colectiva, é fundamental na rehabilitación a medio e longo prazo da economía no seu conxunto.

A análise das cifras facilitadas hoxe polo Servizo Público de Emprego indican que en Galicia o paro incrementouse no mes de setembro nun 1,15%, con máis intensidade que no resto do Estado, onde a suba foi dun 0,64%. Así, hai en Galicia 166.320 persoas en situación de desemprego, 1.896 máis que no mes anterior.

En relación a hai un ano, o desemprego baixa nesta Comunidade nun 9,6%, 17.737 persoas desempregadas menos. No Estado a baixada é do 6,1%.

MULLERES E MOZOS, OS MÁIS PREXUDICADOS POLO INCREMENTO DO DESEMPREGO

Por sexos, seguen a ser as mulleres as que se levan a peor parte. Mentres entre as mulleres o paro sube nun 1,51%, entre os homes o fai nun 0,64%. De feito, as mulleres representan o 58,7% do total do desemprego, cunha tendencia á alza. 68.684 homes desempregados, fronte a 97.636 mulleres.

Os máis mozos tamén son a outra pata feble do mercado laboral. Entre este colectivo, os menores de 25 anos, o desemprego medrou nun 9,19%, unha evolución moito máis acusada que no conxunto de idades.

Se se centra a análise por sectores de actividade, a evolución é desigual. Mentres no primario o paro baixa nun 4,88%, igual que na construción, un 1,71%, e na industria, un 0,11%. Pola contra, medra nos servizos o 2% e no colectivo de sen emprego anterior nun 1,39%.

Fixéronse 96.818 contratos no mes, cunha diminución do 2,91%. A porcentaxe de contratación indefinida segue a ser moi baixa, de tan só o 10,22%.

UGT-Galicia alerta sobre os datos de cobertura por desemprego. A taxa de cobertura é de tan só o 54,4%, fronte ao 61% estatal, deixando fóra do sistema a 83.076 persoas (tendo en conta tanto aos que teñen dereito á prestación como aos que non o xeraron previamente pero están en desemprego). Ademais, tan só 38.535 persoas perciben prestacións de carácter contributivo, o resto son asistenciais. Isto da unha idea da precariedade na cobertura por desemprego.

En canto á afiliación á Seguridade Social, con 1.013.888 cotizantes, aínda se está lonxe dos datos previos á crise e, ademais, son datos moi marcados pola estacionalidade e temporalidade.

NOTA: O VOCEIRO DESTE TEMA É JOSÉ CARLOS RODRÍGUEZ DEL RÍO, SECRETARIO DE POLÍTICA INSTITUCIONAL DE UGT-GALICIA. TELÉFONO: 658774009.



GALICIA

Setembro 2018

VARIACIÓN SOBRE

Mes anterior

Mesmo mes ano anterior

%

%

DESEMPREGO

Nº desempregados rexistrados

166.320

1.896

1,2

-17.737

-9,6

* homes

68.684

439

0,6

-9.659

-12,3

* mulleres

97.636

1.457

1,5

-8.078

-7,6

Nº parados mozos < 25 anos

8.141

685

9,2

-1.054

-11,5

Nº desempregados por sectores*

 

 

 

 

 

* agricultura

5.261

-270

-4,9

-1.180

-18,3

* industria

18.733

-20

-0,1

-2.507

-11,8

* construción

13.978

-243

-1,7

-3.455

-19,8

* servizos

113.319

2.223

2,0

-9.218

-7,5

* sen emprego anterior

15.029

206

1,4

-1.377

-8,4

Beneficiarios prestación por desemprego (agosto)

81.348

 

Taxa de cobertura prestación por desemprego (agosto)

54,38

Parados totais sen ningún tipo de prestación (agosto)

83.076

CONTRATACIÓN

 

 

 

 

 

Nº contratos

96.818

-2.899

-2,9

449

0,5

Nº contratos indefinidos (inclúe transformación de contratos en indefinidos)

9.899

1.331

15,5

2.103

27,0

Nº contratos temporais

86.919

-4.230

-4,6

-1.654

-1,9

AFILIACÍON Á SEGURIDADE SOCIAL

 

 

 

 

Nº afiliados/cotizantes (datos provisionais)

1.013.888

-6.500

-0,6

21.628

2,2

Fonte: Gabinete Económico Comisión Executiva UGT Galicia, a partir dos datos do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social




Noticias Relacionadas
VolverVolver
AFILIADOS y AFILIADAS ACCEDER
BUSCAR
REDES SOCIALES
Logo

Unión Xeral de Traballadores. Miguel Ferro Caaveiro12; 15707 SANTIAGO. Telf.: 981. 577. 171 Fax: 981. 599. 438   |   UGT é membro da CES e da CSI

[Aviso Legal] [Versión Móvil].