Omitir los comandos de cinta
Saltar al contenido principal
Inicio
AL DÍA >
NOTICIAS
Acto homenaxe na Coruña ao que fora secretario xeral da  Federación de Transportes de UGT, Carlos Álvarez

Acto homenaxe na Coruña ao que fora secretario xeral da Federación de Transportes de UGT, Carlos Álvarez

UGT-Galicia | jueves, 13 de septiembre de 2018

FeSMC-Coruña organizou este mércores na Casa do Mar da cidade herculina un  acto homenaxe como recoñecemento póstumo da Federación á labor sindical de Carlos Álvarez.

No acto participaron máis de cen compañeiros/as da UGT e interviñeron os secretarios xerais de UGT-Coruña-Cee, de FeSMC-Galicia, FeSMC e de UGT-Galicia, así como, varios compañeiros do sector do Mar do Sindicato.

Nas súas intervencións todos coincidiron en destacar a valía sindical de Carlos Álvarez, o seu traballo na Organización, a súa xenerosidade, a súa coherencia e compromiso na defensa dos intereses dos traballadores e das traballadoras.

Carlos comezou a súa traxectoria sindical no ano 1982, sendo elixido presidente do Comité de empresa de  Auxinave. No ano 1988 liderou unha folga de 3 meses no Canal de Suez convocada pola falta de respecto á voluntariedade dos traballadores para entrar en zona de guerra. UGT conseguiu un fito histórico coa sentenza na cal os despedimentos foron declarados “radicalmente” nulos.

No ano 1992 Carlos foi elixido secretario xeral da Federación de Transportes e Telecomunicacións de UGT- A Coruña. No ano 1997 foi elixido o primeiro secretario xeral de  TCM-UGT- Galicia e xa no 2008 xubilouse como capitán na Naviera Tapias.

Noticias Relacionadas
VolverVolver
AFILIADOS y AFILIADAS ACCEDER
BUSCAR
REDES SOCIALES
Logo

Unión Xeral de Traballadores. Miguel Ferro Caaveiro12; 15707 SANTIAGO. Telf.: 981. 577. 171 Fax: 981. 599. 438   |   UGT é membro da CES e da CSI

[Aviso Legal] [Versión Móvil].