Omitir los comandos de cinta
Saltar al contenido principal
Inicio
AL DÍA >
NOTICIAS
UGT-Galicia apoia a mobilización do 8 de setembro “Pola dignidade dos medios públicos” e chama a participar ao conxunto da cidadanía

UGT-Galicia apoia a mobilización do 8 de setembro “Pola dignidade dos medios públicos” e chama a participar ao conxunto da cidadanía

A mobilización está convocada polos comités de empresa da CRTVG e CRTVE en Galicia

| miércoles, 5 de septiembre de 2018

UGT-Galicia manifesta o seu apoio á mobilización que, baixo o lema "Pola dignidade dos medios públicos", terá lugar o vindeiro sábado 8 de setembro en Compostela e chama ao conxunto da cidadanía a manifestarse en defensa dos medios de comunicación públicos.

A manifestación reivindica a dignidade dos medios públicos, rexeita a manipulación informativa e esixe o cumprimento da Lei de medios públicos de Galicia. A marcha, convocada polos comités de empresa da CRTVG e CRTVE en Galicia, sairá ás 10:30 horas desde as instalacións de San Marcos, percorrendo un treito do Camiño de Santiago até culminar ás 12:30 horas en Praterías.

UGT-Galicia reivindica o acceso a unha información veraz e pluralista como un dereito fundamental consagrado na Constitución. A mobilización, convocada polos comités de empresa da Corporación de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) e de Radiotelevisión Española en Galicia (RTVE), reivindica a dignidade dos dous entes, rexeita a manipulación informativa e esixe o cumprimento da Lei de medios audiovisuais públicos de Galicia, aprobada no 2011.

Na convocatoria dos Comités de CRTVG e RTVE de Galicia faise un chamamento á defensa duns medios públicos de comunicación dotados de recursos humanos e técnicos suficientes, a produción de contidos propios de calidade e coa perspectiva de servizo público, ademais de exixir a fin das inxerencias políticas na liña informativa.

Ao remate da manifestación haberá actuacións musicais a cargo de Uxía, Xabier Díaz e Guadi Galego. As xornalistas Marga Pazos (CRTVG) e Rita Alonso (RTVE) lerán un manifesto en nome das traballadoras e traballadores dos medios de comunicación públicos de Galicia.​

Noticias Relacionadas
VolverVolver
AFILIADOS y AFILIADAS ACCEDER
BUSCAR
REDES SOCIALES
Logo

Unión Xeral de Traballadores. Miguel Ferro Caaveiro12; 15707 SANTIAGO. Telf.: 981. 577. 171 Fax: 981. 599. 438   |   UGT é membro da CES e da CSI

[Aviso Legal] [Versión Móvil].