Omitir los comandos de cinta
Saltar al contenido principal
Inicio
AL DÍA >
NOTICIAS
O IV Comité Nacional de UGT-Galicia insiste en que urxe poñer enriba da mesa todos os mecanismos necesarios para repartir xustamente o crecemento da economía

O IV Comité Nacional de UGT-Galicia insiste en que urxe poñer enriba da mesa todos os mecanismos necesarios para repartir xustamente o crecemento da economía

Nos contratos de obras e servizos das administracións públicas en Galicia salarios que nunca estean por debaixo dos 1.000 euros

UGT-Galicia | jueves, 19 de julio de 2018

O IV Comité Nacional de UGT-Galicia, máximo órgano de dirección doSindicato entre congresos e do que forman parte a Comisión Executivade UGT-Galicia xunto con representantes das unións comarcais e das federacións de nacionalidade, reuniuse hoxe no Hotel Congreso (Teo).

O Comité enmarcou a súa análise da situación actual no novocontexto político que debería ser unha oportunidade para recuperara axenda social, traballar pola recuperación democrática e poñerde novo ás persoas no centro da política. Para isto, o novo Gobernodebe apostar por políticas destinadas a repartir a riqueza dun xeitomáis equitativo; implementar políticas de igualdade; de protecciónsocial; mellores pensións; melloras no eido sanitario, da educación e vivenda; un plan de choque polo emprego; e unha verdadeira políticaindustrial. Isto leva consigo a derrogación da reforma laboral; a derrogación de reforma das pensións de 2013; a aprobación dunha Lei de igualdade salarial; a derrogación da Lei Mordaza e o artigo315.3 do Código Penal; e a derrogación da LOMCE para pasar anegociar un pacto educativo.

Noutra orde da análise, o IV Comité Nacional de UGT-Galicia constata un crecemento evidente da economía que non se está repartindo xustamente. Concretamente, a economía galega encadea 10 trimestres consecutivos con taxas de crecemento interanuais iguais ou superioresa o 3% pero, con todo, as familias seguen sen percibir esta melloría.



Cunha recuperación do PIB, Galicia ten aínda 140.000 empregos menos e o 30,8% dos asalariados cobra igual ou menos que o SMI

Aínda que Galicia recupera o nivel de PIB de 2007, ten 140.000 empregos menos que neste ano (75.800 menos na construción; 46.200 menos na industria; 27.200 menos no sector primario; e 9.000 máis nos servizos). As remuneracións dos salarios perden peso no PIB, do 46,2% de 2008 ao 42,7% actual. De feito, 312.093 asalariados galegos(o 30,8% do total) declaran un salario medio igual ou inferior ao SMI. A reforma laboral, co poder outorgado ao empresariado e coa creba da negociación colectiva, tirou á baixa o emprego e os salarios. Ao hai que engadirlle o efecto da reforma das pensións que exclúe aínda máis ao número de persoas que se soben ao carro da recuperación.

Así,o Comité constatou que o emprego non remonta como debería. O PIB medra un 3,1% no primeiro trimestre de 2018 e o emprego o fai nun 1,6% e nun mercado laboral moi reducido, con tan só 1.050.100 persoas ocupadas, fronte aos 1.200.000 empregos que había antes da crise. Ademais, a isto engádeselle a perda de 61.500 activos menos que antes da crise, o que reflicte un mercado laboral con menos oportunidades e con profundas deficiencias, como a precarización do mesmo, cunha taxa de temporalidade do 26,7%. De feito, no 2017 tan só o 7,91% de todos os contratos rexistrados tiveron un carácter indefinido.

Cunha taxa de paro do 15,1%; con 85.600 persoas que levan máis dun ano no desemprego; destes, 61.500 máis de dous anos; e ao redor de 37.400 persoas máis de catro anos. Son 68.900 os fogares nos que todos os membros están no paro e 34.300 sen perceptores de ingresos. Todo isto conduce a situacións realmente precarias por falta de cobertura ao desemprego, tan só 83.580 persoas perciben algún tipo de cobertura e cada vez esta é máis de carácter asistencial.

Deterioro da calidade de vida cunha taxa de risco de pobreza ou exclusión social do 22,6%

Con este escenario, está claro o deterioro da calidade de vida dacidadanía, cunha taxa de risco de pobreza ou exclusión social en Galicia xa do 22,6%.

O IV Comité de UGT-Galicia valora o IV AENC

En materia de diálogo social, a nivel estatal, o IV Comité Nacional de UGT-Galicia valora o contido do AENC porque supón o comezo da senda da recuperación dos dereitos perdidos como consecuencia das últimas reformas laborais e un punto de inflexión na recuperación dos salarios cunha suba prevista en torno ao 3% e a imperiosa necesidadede dignificar os salarios máis baixos, situándoos nunha contía mínima de 1.000 euros ao mes en 2020, con 14 pagas.

Isto vai acompañado dun anexo cunha listaxe abundante de temas a tratar xa nun diálogo social tripartito co Goberno.

En liña con este IV AENC, UGT-Galicia comprométese a esixir nos contratos de obras e servizos das administracións públicas en Galicia salarios que nunca estean por debaixo dos 1.000 euros.

En Galicia o diálogo social é practicamente inexistente, a pesar de que son moitas as materias pendentes para a recuperación

Isto contrasta coa situación do diálogo social en Galicia, practicamente inexistente na actualidade. Isto impediu avanzar nas propostas feitas ao comezo da lexislatura. Todas elas propostas vixentes para mudar as actuais políticas económicas co fin de acadar un novo modelo de crecemento máis equilibrado e sostible, xerador de emprego de calidade, á vez que hai que acometer medidas para reducir as desigualdades.

Neste contexto, en Galicia urxe un plan de choque polo emprego; un plan industrial de carácter estratéxico; dinamizar as zonas rurais; e os servizos públicos teñen que recuperar o seu papel central no estado do benestar como garantes da cohesión social. Neste senso, en materia de condicións laborais dos empregados públicos, o Comité esixe da Xunta unha negociación real para trasladar a Galicia o Acordo estatal de recuperación de emprego, salarios e dereitos de marzo de 2018.

En definitiva, O Comité urxe a abrir un proceso de diálogo social, en base á folla de ruta que se presentou ao inicio da lexislatura. Que demanda un cambio das políticas económicas para consolidar un modelo de crecemento máis equilibrado e sostible, xerador de emprego de claridade, así como, a diminución das desigualdades que, como mínimo, debería pasar por un cambio de rumbo das políticas activas de emprego; fortalecer as políticas en materia de prevención de riscos laborais e seguridade e saúde no traballo; restablecer e incrementar as prestacións sociais cunha renda de inclusión social de Galicia que se dote de recursos suficientes; regular os servizos sociais como dereitos básicos; e tamén urxe unha Lei integral de protección ás persoas maiores.​

Noticias Relacionadas
VolverVolver
AFILIADOS y AFILIADAS ACCEDER
BUSCAR
REDES SOCIALES
Logo

Unión Xeral de Traballadores. Miguel Ferro Caaveiro12; 15707 SANTIAGO. Telf.: 981. 577. 171 Fax: 981. 599. 438   |   UGT é membro da CES e da CSI

[Aviso Legal] [Versión Móvil].