Omitir los comandos de cinta
Saltar al contenido principal
Inicio
AL DÍA >
NOTICIAS
Os vixiantes de seguridade da Fábrica de Armas chegan a Santiago despois de percorrer a pé o Camiño inglés dende A Coruña para denunciar a súa situación laboral

Os vixiantes de seguridade da Fábrica de Armas chegan a Santiago despois de percorrer a pé o Camiño inglés dende A Coruña para denunciar a súa situación laboral

FeSMC-UGT insta ao Ministerio de Defensa a que revoque a concesión da Fábrica de Armas a Hércules Armamento por incumprimentos manifestos e reiterados nas condicións do concurso

FeSMC-UGT | miércoles, 27 de junio de 2018

 Hoxe, ás 12.00 horas, chegaron á Praza do Obradoiro (Santiago) os vixiantes da Fábrica de Armas de A Coruña que o pasado luns, día 25, saíron a primeira hora da mañá da cidade herculina para recorrer o Camiño inglés ata Santiago. O fin desta marcha é demandar un solución á súa situación laboral actual.

Os nove traballadores do servizo de seguridade da Fábrica de Armas acaban de recibir, concretamente, o día 11 a notificación de despedimento por parte da empresa que ata o momento xestionaba o servizo de seguridade da factoría coruñesa, Tepol Seguridad, pero sen que ata o momento se lles entregasen as indemnizacións correspondentes. Ademais, se lles adeudan dúas nóminas desta empresa e outras cantidades da empresa anterior que xestionaba o servizo. Todo isto provoca unha situación de precariedade para os afectados e as súas familias que se agudiza día tras día, sen que ninguén se responsabilice de todo isto.

De feito, FeSMC-UGT denuncia que os incumprimentos das concesionarias que pasaron por esta factoría dende hai máis de 25 anos foron constantes.

UGT xa presentou numerosas denuncias antes os diferentes organismos implicados, Defensa, Subdelegación do Goberno, Inspección de Traballo, Intervención de armas da Garda civil e Unidade privada da Policía Nacional, sen obter resposta. Pero hoxe, ante a difícil situación laboral dos traballadores e a propia situación da factoría, que carece de seguridade a pesar de estar consideradas as instalacións de carácter crítico, FeSMC-UGT non pode facer outra cousa que demandar do Ministerio de Defensa que revoque a concesión da Fábrica de Armas a Hércules Armamento por incumprimentos manifestos e reiterados nas condicións do concurso.

NOTA: O VOCEIRO DESTE TEMA É JUAN MANUEL CARREIRA, SECRETARIO XERAL DA FEDERACIÓN DE MOBILIDADE E CONSUMO DE UGT EN A CORUÑA. TELÉFONO: 659546508.​

Noticias Relacionadas
VolverVolver
AFILIADOS y AFILIADAS ACCEDER
BUSCAR
REDES SOCIALES
Logo

Unión Xeral de Traballadores. Miguel Ferro Caaveiro12; 15707 SANTIAGO. Telf.: 981. 577. 171 Fax: 981. 599. 438   |   UGT é membro da CES e da CSI

[Aviso Legal] [Versión Móvil].