Omitir los comandos de cinta
Saltar al contenido principal
Inicio
AL DÍA >
NOTICIAS
UGT consegue establecer o salario mínimo en 1.000 euros mensuais para osector de hostalería da provincia de Pontevedra

UGT consegue establecer o salario mínimo en 1.000 euros mensuais para osector de hostalería da provincia de Pontevedra

FeSMC-UGT | viernes, 22 de junio de 2018

Tras dous anos e medio de negociación, ven de asinarse o convenio colectivo de hostalería da provincia de Pontevedra.

Dende FeSMC-UGT matízase que as negociacións foron duras, xa que a patronal pretendía máis flexibilidade e a modificación de certas condicións laborais xa recoñecidas como todo o relativo a IT ou licenzas.

Pero, finalmente, a representación dos traballadores conseguiu que só se falase de melloras e ratificouse un acordo que o sector de Hostalería de UGT na provincia de Pontevedra valora postivamente.

Entre os avances acadados figuran: a mellora da acumulación de lactación, que pasa de 16 a 18 días; nos premios de permanencia inclúese tamén poder cobralos en caso de invalidez permanente absoluta; e establécese unha porcentaxe do 10% máximo para a formación dual.

No eido económico, acórdase un incremento do 1,6%+1,1%+20 euros lineais para o ano 2018, con carácter retroactivo ao 1 de xaneiro.

Para o 2019 prevese unha suba de 73,03 euros lineais, que inclúe unha valoración do plus de transporte de 45,90 euros mensuais, incluído nas 15 pagas. No 2020 e 2021 a suba será do IPC real .
Non obstante, o máis significativo deste convenio, é que se pasan a garantir os 1.000 euros como salario mínimo de convenio.​
Noticias Relacionadas
VolverVolver
AFILIADOS y AFILIADAS ACCEDER
BUSCAR
REDES SOCIALES
Logo

Unión Xeral de Traballadores. Miguel Ferro Caaveiro12; 15707 SANTIAGO. Telf.: 981. 577. 171 Fax: 981. 599. 438   |   UGT é membro da CES e da CSI

[Aviso Legal] [Versión Móvil].