Omitir los comandos de cinta
Saltar al contenido principal
Inicio
AL DÍA >
NOTICIAS
A creación de emprego segue marcada pola precariedade con 96.189 contratos no mes que tan só desembocan en 8.675 afiliados máis á Seguridade Social

A creación de emprego segue marcada pola precariedade con 96.189 contratos no mes que tan só desembocan en 8.675 afiliados máis á Seguridade Social

A mellora da protección, o aumento da calidade do emprego e a suba das rendas salariais deben ser as tres patas nas que se base o crecemento económico

UGT-Galicia | lunes, 4 de junio de 2018

Se ben é certo que medra o emprego, tamén o é que este ten un carácter estacional, temporal e precario. Así, os datos referidos ao desemprego feitos públicos hoxe evidencian o signo estacional de maio, ás portas da temporada estival

A precariedade resulta evidente coa excesiva rotación na contratación, 96.189 contratos asinados nun mes que tan só conseguen xerar 8.675 altas na Seguridade Social. Precariedade que tamén impregna o desemprego, cunha taxa de cobertura que non chega aos 53 puntos, caendo en relación ao ano anterior en 7.320 beneficiarios, sen perspectiva de mudar polo momento debido á parálise que o Goberno anterior mantivo nos programas de protección por desemprego e de activación para o emprego.

NESTA NOVA ETAPA É O MOMENTO DE CAMBIAR AS POLÍTICAS ECONÓMICAS, DE EMPREGO E SOCIAIS

Para UGT-Galicia, neste nova etapa na que entra España é o momento de cambiar as políticas económicas, de emprego e sociais. A mellora da protección, o aumento da calidade do emprego e a suba das rendas salariais deben ser as tres patas nas que se base o crecemento económico, para todas as persoas, equilibrado e duradeiro.

Entrando de chego nos datos, estes apuntan a unha caída do paro en Galicia do 3,1%, 5.595 desempregados menos en relación ao mes anterior. Así, hai que Galicia 176.696 persoas en situación de desemprego. No resto do Estado a baixada foi dun 2,51%, quedando o número de parados en 3.252.130 persoas.

A contracción interanual do desemprego foi dun 11,5%, 22.942 persoas desempregadas menos.

FONDA BRECHA POR SEXOS NO DESEMPREGO. AS MULLERES SE LEVAN A PEOR PARTE

Por sexos, UGT-Galicia denuncia que segue a existir unha fonda brecha no desemprego. As mulleres representan o 57,5% do desemprego, 75.079 homes no desemprego e 101.617 mulleres. De feito, no mes o paro baixou entre as mulleres un 2,5%, mentres que no caso dos homes o descenso foi dun 3,83%. O mesmo sucede en termos interanuais, o paro caeu un 14,7% no caso masculino e nun 9% no caso das mulleres. Entre os menores de 25 anos o paro baixou o 6,6% e no ano nun 14,3%.

Por sectores de actividade, o paro baixou en todos. No que máis se contrae en termos relativos é na construción, o 5,39%; o 3,91% no primario; o 4,25% na industria; e o 2,68%, en servizos.

En relación ao ano anterior, as baixadas foron do 21,8% na construción; do 14,4%, na industria; do 13,2%, no primario; e do 9,7% no sector servizos.

Os datos relativos á contratación fan fincapé na precariedade e temporalidade do mercado laboral cunha alta rotación na contratación. De feito, asínanse no mes un total de 96.189 contratos (nun mercado laboral que conta con 176.696 desempregados), aumentando no mes un 17,53% e no ano un 9,8%. Pero é que non mes a contratación indefinida tan só medrou nun 0,23%, fronte ao aumento dun 19,5% da temporal.

A CONTRATACIÓN INDEFINIDA SOBRE O TOTAL É DE TAN SÓ O 8,56%

Fanse 96.189 contratos pero é que afiliación á Seguridade Social tan só medra en 8.675 altas e a contratación indefinida sobre o total é tan só do 8,56%.

A precariedade tamén se traslada ao desemprego. En Galicia tan só 87.892 persoas teñen algún tipo de prestación, caendo un mes máis, e só acadando unha taxa de cobertura de 52,8 puntos, moi afastada do 56,3% estatal. Quedan fóra do sistema un total de 94.399 desempregados (tanto os que teñen dereitos á cobertura como os que non).

Pero é que das persoas que perciben prestacións, tan só o 42,5% son de carácter contributivo, o que apunta, un mes máis á alta precariedade na cobertura por desemprego.

A afiliación á Seguridade Social sitúase nos 998.091 cotizantes, medrando no mes nun 0,9%, dun xeito menos acusado que no resto do Estado, onde esta porcentaxe sube ata os 1,27 puntos.

NOTA: O VOCEIRO DESTE TEMA É JOSÉ CARLOS RODRÍGUEZ DEL RÍO, SECRETARIO DE POLÍTICA INSTITUCIONAL DE UGT-GALICIA. TELÉFONO: 658774009.



GALICIA

maio 2018

VARIACIÓN SOBRE

Mes anterior

Mesmo mes ano anterior

%

%

DESEMPREGO

Nº desempregados rexistrados

176.696

-5.595

-3,1

-22.942

-11,5

* homes

75.079

-2.994

-3,8

-12.921

-14,68

* mulleres

101.617

-2.601

-2,5

-10.021

-8,98

Nº parados mozos < 25 anos

8.505

-596

-6,5

-1.417

-14,3

Nº desempregados por sectores*

 

 

 

 

 

* agricultura

6.412

-261

-3,9

-974

-13,2

* industria

19.788

-879

-4,3

-3.320

-14,4

* construción

16.008

-912

-5,4

-4.452

-21,8

* servizos

118.858

-3.275

-2,7

-12.736

-9,7

* sen emprego anterior

15.630

-268

-1,7

-1.460

-8,5

Beneficiarios prestación por desemprego (abril)

87.892

 

Taxa de cobertura prestación por desemprego (abril)

52,82

Parados totais sen ningún tipo de prestación (abril)

94.399

CONTRATACIÓN

 

 

 

 

 

Nº contratos

96.189

14.345

17,5

8.594

9,8

Nº contratos indefinidos (inclúe transformación de contratos en indefinidos)

8.236

19

0,2

1.496

22,2

Nº contratos temporais

14.326

14.326

19,5

7.098

8,8

AFILIACÍON Á SEGURIDADE SOCIAL

 

 

 

 

Nº afiliados/cotizantes (datos provisionais)

998.091

8.675

0,9

26.786

2,8

Fonte: Gabinete Económico Comisión Executiva UGT Galicia, a partir dos datos do MEYSS



Noticias Relacionadas
VolverVolver
AFILIADOS y AFILIADAS ACCEDER
BUSCAR
REDES SOCIALES
Logo

Unión Xeral de Traballadores. Miguel Ferro Caaveiro12; 15707 SANTIAGO. Telf.: 981. 577. 171 Fax: 981. 599. 438   |   UGT é membro da CES e da CSI

[Aviso Legal] [Versión Móvil].