Omitir los comandos de cinta
Saltar al contenido principal
Inicio
AL DÍA >
NOTICIAS
Agora os afiliados/ as poden dispoñer dunha cobertura gratuíta de 18.000 € por accidente laboral

Agora os afiliados/ as poden dispoñer dunha cobertura gratuíta de 18.000 € por accidente laboral

| martes, 22 de mayo de 2018

Agora os afiliados/ as poden dispoñer dunha cobertura gratuíta de 18.000 € por accidente laboral
 
  • Os afiliados poden contratar @gratuitamente unha póliza colectiva de accidentes que complementa a cobertura da póliza de accidentes Confederal. Desta maneira, en caso de falecemento por accid​ente laboral, os ​herdeiros cobrarían un capital de 18.000 € en total.
  • Para contratar só é necesario e​nche​r un formulario online de  ATLANTIS antes do 31 de xullo de 2018.
  • Os novos afiliados/ as tamén poden adherirse a esta póliza gratuíta.
 
 
 
Gratis, cumprimentando un formulario  online
 
Todos os afiliados/ as de UGT, sempre que teñan máis dun ano de antigüidade de afiliación, están asegurados por unha póliza colectiva de accidentes a través de  ATLANTIS, que garante unha indemnización de 9.000 € en caso de falecemento accidental.
 
Ata o próximo 31 de xullo, os afiliados/ as poderán complementar dita cobertura e multiplícala por 2, subscribindo gratuitamente unha póliza colectiva cun capital de 9.000 € adicionais en caso de falecemento por accidente laboral. Así pois, en caso de falecemento por accidente laboral, os beneficiarios cobrarían unha indemnización total de 18.000 €.
 
Novos afiliados/ as
 
Os novos afiliados/ as tamén poden adherirse a esta póliza gratuíta de accidentes, beneficiándose, durante o primeiro ano de afiliación, dunha cobertura de 3.000 € por falecemento por accidente 24 horas e de 3.000 € adicionais por falecemento por accidente laboral (6.000 € en total en caso de falecemento por accidente laboral). A partir dun ano de antigüidade, pasan automaticamente a ter a mesma cobertura do resto de afiliados/ as.
 
 
Enche aquí o formulario online e benefíciate GRATIS desta vantaxe negociada

 
Canto antes o fagas, antes estarás cuberto/a!​
Noticias Relacionadas
VolverVolver
AFILIADOS y AFILIADAS ACCEDER
BUSCAR
REDES SOCIALES
Logo

Unión Xeral de Traballadores. Miguel Ferro Caaveiro12; 15707 SANTIAGO. Telf.: 981. 577. 171 Fax: 981. 599. 438   |   UGT é membro da CES e da CSI

[Aviso Legal] [Versión Móvil].