Omitir los comandos de cinta
Saltar al contenido principal
Inicio
AL DÍA >
NOTICIAS
Faleceu o “Compañeiro Suso”

Faleceu o “Compañeiro Suso”

Quen fora secretario xeral de UGT-Galicia dende 1980 ata 2005, Jesús Mosquera Sueiro, faleceu hoxe en A Coruña

UGT-Galicia | martes, 13 de febrero de 2018

​Jesús Mosquera Sueiro, Suso Mosquera, que foi secretario xeral de UGT-Galicia dende o ano 1980 ata o 2005, faleceu hoxe en A Coruña aos 74 catro anos de idade.

Nacido en Merza, Concello de Vila de Cruces (Pontevedra), dende moi xoven comezou a tomar contacto con movementos sociais que operaban na época da ditadura franquista. Tras pasar pola JOC (Juventud Obrera Cristiana) militou na Unión Sindical Obrera, sendo un dos seus máximos impulsores en Galicia.

Pasou a militar en UGT trala fusión de USO e UGT en 1977, sendo secretario xeral de UGT de A Coruña e membro da ejecutiva da UGT-Galicia ata agosto de 1980, en que foi elixido secretario xeral no II Congreso.

Desenvolveu as tarefas de secretario xeral do Sindicato en Galicia ata o ano 2005. Entre os seus logros está o de transformar e modernizar as estruturas da UGT que deron como froito que o Sindicato se convertera na primeira forza sindical galega.

Persoa moi activa políticamente, foi diputado socialista no Parlamento galego ata 1988, que dimitiu como apoio á convocatoria de Folga Xeral o 14 de decembro. Da súa labor parlamentaria naceu a iniciativa da creación do Consello Galego de Relacións Laborais.

Dende o ano 2005 ata a data, ocupouse das tarefas da presidencia da Fundación Luis Tilve, encargada da memoria histórica da UGT e do Socialismo de Galicia.

Co falecemento do "Compañeiro Suso" vaise un dos máis preclaros referentes do sindicalismo e do movemento socialista de Galicia. A sua impronta e a súas inquedanzas para acadar unha sociedade mais xusta e a defensa da crase traballadora nos acompaňaran sempre a UGT

Descansa en paz, Compañeiro

 

NOTA: Os seus restos estarán no tanatorio SERVISA ( Avda. Da Pasaxe, S/N 15006 A Coruña). No día de mañá, ás 19:00 horas haberá un acto civil e ás 20:00 terá lugar a cremación. É vontade expresa da familia que non se envíen flores.  

Noticias Relacionadas
VolverVolver
AFILIADOS y AFILIADAS ACCEDER
BUSCAR
REDES SOCIALES
Logo

Unión Xeral de Traballadores. Miguel Ferro Caaveiro12; 15707 SANTIAGO. Telf.: 981. 577. 171 Fax: 981. 599. 438   |   UGT é membro da CES e da CSI

[Aviso Legal] [Versión Móvil].