Omitir los comandos de cinta
Saltar al contenido principal
Inicio
AL DÍA >
NOTICIAS
Centos de delegados e delegadas participan na asemblea convocada por UGT-Galicia en Santiago

Centos de delegados e delegadas participan na asemblea convocada por UGT-Galicia en Santiago

José Antonio Gómez e Pepe Álvarez insistiron en que os problemas que sofren as familias xa non poden agardar máis. Os traballadores teñen que ser tamén beneficiarios da recuperación económica

UGT-Galicia | miércoles, 8 de noviembre de 2017

Centosde delegados e delegadas de UGT, procedentes de toda Galicia,participaron hoxe na asemblea convocada polo Sindicato e na que sedebateu sobre as cuestións de actualidade e sobre os retos epropostas que ten UGT para chegar ás persoas e resolver os problemasdas familias que aínda están a sufrir as consecuencias da crise.

Precisamente, neste senso,incidiu o secretario xeral de UGT-Galicia, José Antonio Gómez, nasúa intervención, na necesidade de estar coa xentes e atender assúas necesidades porque hai outros temas e problemas que ten estepaís, ademais da problemática de Cataluña que parece desdebuxar odía a día das familias e as súas dificultades.

Porque a UGT lle importan osproblemas da xente, na visita de dous días do secretario xeral aGalicia, onte parte da Executiva galega do Sindicato e da estatalachegáronse a Nigrán, concretamente á parroquia de Chandebritopara tomar contacto cos afectados pola vaga de lumes en Galicia haiunha semana. Para escoitar e colñecer de primeira man os feitos.Nesta mesma liña, pola mañá, na sede de UGT-Galicia organizouseunha asemblea con traballadores do servizo de extinción de lumes cofin de que estes puxesen enriba a mesa os problemas que hai detrásdestes lumes e as necesidades dos efectivos, así como, asdeficiencias en materia de organización e coordinación existentes.

Gómez lembrou que hoxe comezaa campaña contra a brecha salarial entre homes e mulleres porqueresulta rexeitable que as mulleres españolas teñan que traballar 54días máis que os homes para cobrar o mesmo pero é que as galegasteñen que traballar 66 días máis.

Unha vez máis criticou quedende o Goberno se nos siga dicindo que a economía vai ben pero queas familias non perciban esta recuperación. Demandou que dunha vezpor todas os traballadores sexan cómplices e beneficiarios darecuperación, non só as entidades bancarias e as empresas.

Neste camiño de achegarse estar coa xente non se pode esquecer aos máis mozos que soportanelevadísimas taxas de paro, máis do 40 por cento están nestasituación, e máis e máis precariedade que lles impide afrontar unproxecto vital o que os obriga en moitas ocasión a emigrar na buscadun futuro mellor. UGT-Galicia pídelle á Xunta diálogo pararematar con esta situación e o que obtén son uns Orzamentos para o2018 cada vez máis mermados en políticas activas de emprego,adicando a este fin tan só o 0,6 por cento. É evidente que a Xuntaestá a ser pouco sensible cos problemas da xente.

Pediulle aos afiliados quetraballen como un exército, como sempre fixo UGT, para manterse enGalicia como primeira forza sindical.

Pola súa banda, o secretarioxeral de UGT, Pepe Álvarez, tamén denunciou que neste país lévasemoito tempo sen falar dos temas que realmente lles preocupan áxente. Insistiu que a “nosa patria son os traballadores e os seusdereitos e que só o diálogo e a negociación pode sacarnos dasituación actual”.

Por exemplo, no relativo aoslumes forestais hai que apostar polo diálogo na busca de soluciónse alternativas. Neste senso, UGT está a traballar para facer unhagran xornada en Galicia de loita contra o cambio climático e contraos lumes á que se invitará aos sindicatos portugueses co fin deinternacionalizar o problema e que o Parlamento europeo se implique,non só a posteriori.

Álvarez demandou reténspermanentes e que os recortes non sigan afectando aos servizosesenciais.

Ademais, proporase aconstitución dunha subcomisión no Senado co fin de que o problemateña unha visión a nivel de todo o Estado con solucións destadimensión.

Noutra orde de cousas,demandou unha comisión parlamentaria para acadar un compromiso cofuturo da industria. Porque sen industria de calidade e moderna nonhai país. A política industrial debe ser un eixe fundamental dapolítica con maiúsculas do país. Só co empuxe dos servizos non sesairá da crise.

Neste eido, urxe un granacordo de estado pola enerxía, no que se aposte polas renovablespero non se poden abandonar as tradicionais porque tamén sonnecesarias.

Por que buscamos grandespactos?. Porque UGT considera que só implicándonos todos sairemosdesta situación. Ou somos capaces de implicar a todos nos temasfundamentais ou será moi difícil medrar.

En materia de políticas deemprego hai que traballar a fondo. A estacionalidade e precariedadeseguen a tinguir o mercado laboral do país. UGT aposta por outromodelo de emprego. Hai que acometer o cambio de modelo produtivo queprecisa o país, un novo proxecto en materia de financiamento, máisinvestimento e que o Estado e comunidades autónomas adiquen máisrecursos.

Mentres non chegue, hai quepoñer en marcha plans de emprego sectorializados. Por exemplo, UGTpon un enriba da mesa ao fío da problemática dos incendios. Un plande ocupación na limpeza dos bosques, que dará traballo a moitaspersoas que se atopan a día de hoxe.

Tamén urxe un plan de empregopara os máis mozos, os grandes prexudicados desta crise e unha dasgrandes prioridades do Sindicato.

En materia de negociacióncolectiva, o Sindicato aposta por recuperar o AENC pero non acalquera prezos. Hai que empezar a repartir riqueza, o contrarioaugura conflitividade. UGT ponse como obxectivo non negociar ningúnconvenio por debaixo dos 1.000 euros.

En materia de igualdade,incide na necesidade de de traballar os plans de igualdade eimplementalos a fondo.

A renda mínimo garantida, ávista da situación actual na que moitas familias xa non teñenrecursos, hai que poñela en marcha xa. O país ten riqueza e hai querepartila, recaudar máis impostos...

No relativo ás pensións, o seu futuro pasa por derrogar a reforma do PP; acabar coas desgravacións á contratación, destopar as cotizacións e que oscustes de funcionamento da Seguridade social sexan asumidos víaorzamentos.

Finalmente, lembrou aos delegados que UGT vai cumprir 130 anos e hai que sentirse orgullososda súa historia. Son 130 anos de loita polos dereitos dostraballadores, contribuíndo dende entón á transformación da sociedade.​

Pecharon a asemblea os secretarios xerais de FeSP e FeSMC a nivel estatal.

Noticias Relacionadas
VolverVolver
AFILIADOS y AFILIADAS ACCEDER
BUSCAR
REDES SOCIALES
Logo

Unión Xeral de Traballadores. Miguel Ferro Caaveiro12; 15707 SANTIAGO. Telf.: 981. 577. 171 Fax: 981. 599. 438   |   UGT é membro da CES e da CSI

[Aviso Legal] [Versión Móvil].